Os socialistas desminten ter recibido os contratos da Xunta coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo

Os socialistas desminten ter recibido os contratos da Xunta coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo

Os socialistas desminten ter recibido os contratos da Xunta coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo

Carmen Gallego cualifica de “menosprezo intolerable” que a Xunta faga pública a entrega da documentación antes de que a reciban os grupos parlamentarios

Sinala que “en calquera caso, ao final semella que nin tivera sido destruída nin era demasiado voluminosa, como dicía Feijóo para evitar entregala”

Parlamento de GaliciaA viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, desmentiu hoxe que o seu grupo parlamentario tivera recibido documentación algunha da Xunta de Galicia cos supostos contratos asinados pola Xunta coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo. Así o dixo en resposta a preguntas parlamentarias sobre a publicación de dita información hoxe nos medios de comunicación.

Gallego cualifica de “menosprezo intolerable” ao Parlamento que a Xunta teña feito pública a suposta entrega da dita documentación antes de que os grupos parlamentarios a teñan recibido realmente. Denunciou a “manipulación da información” ofrecida polo goberno, que demostra “tanta dilixencia ao trasladarlle a información aos medios e tan pouca en trasladárllela aos deputados e deputadas”.

Puntualizou que “ata este momento non sabemos o que contén a documentación presuntamente enviada por Feijóo aos grupos parlamentarios” pero puntualizou que “en calquera caso, malia que tivera dito que non existía, que fora destruída e que era demasiado voluminosa, parece que finalmente si que existía, non fora destruída e non era tan voluminosa como para non entregala”.

Advertiu que “cando teñamos a documentación que presuntamente entregou a Xunta ao Parlamento e poidamos comprobar o que contén tomaremos as decisións que consideremos pertinentes para defender e preservar os nosos dereitos á información como deputados e como Grupo Parlamentario”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar