Os socialistas denuncian “un recurte do 55% desde 2009 en políticas activas contra o paro”, mentres o PP utiliza “os fondos de emprego para financiar aos seus amigos”

Os socialistas denuncian “un recurte do 55% desde 2009 en políticas activas contra o paro”, mentres o PP utiliza “os fondos de emprego para financiar aos seus amigos”

Os socialistas denuncian “un recurte do 55% desde 2009 en políticas activas contra o paro”, mentres o PP utiliza “os fondos de emprego para financiar aos seus amigos”

maria quintas pleno A portavoz de Emprego dos socialistas galegos, María Quintas, denunciou hoxe no pleno do Parlamento “recurtes orzamentarios do 55% desde 2009 en políticas activas para loitar contra o paro”, mentres o Partido Popular utiliza “os fondos de emprego para financiar ilegalmente aos seus amigos”.
En resposta a unha comparecencia da conselleira de Traballo, Beatriz Mato, para informar dos programas acordados cos axentes sociais en materia de emprego, Quintas lembrou que “hai 101.100 persoas máis desempregadas que cando a conselleira Beatriz Mato e o presidente Feijóo accederon ao seu cargo, a xestión do PP é claramente ineficiente”.
“Veñen aquí a presumir de medidas e acordos cos axentes sociais que realmente non son máis que propaganda e publicidade antes dun período electoral; a realidade é que medran o paro e as solicitudes de Risga, baixa a afiliación á Seguridade Social e os mozos e mozas o único que poden facer é emigrar”, afirmou a socialista.
Quintas asegurou que “no ano 2012 chegaban a un acordo coa patronal e os sindicatos que abarcaba ata doce programas de actuación e a Xunta de Galicia fixo e fai unha abondosa propaganda destes acordos, pero nunca dan conta do balance de tales acordos, a pesares das máis de 200 comparecencias solicitadas polos socialistas”.
“Hai unha realidade que non se pode agochar detrás de discursos oficiais, dun optimismo inxustificado e ata indecente para todas as persoas que están a padecer o desemprego no noso país; en Galicia hai 90.000 fogares que non perciben ningún ingreso”, dixo a deputada do PSdeG.
“É necesario mencionar e ter en conta ademais que as condicións do mercado de traballo, logo da reforma laboral realizada polo Goberno de Rajoy, están a empeorar de xeito drástico con contratos a tiempo parcial por menos do salario mínimo, as contratacións de menos de sete días aumentaron un 30% e os eventuais seguen a ser maioritarios, por enriba do 92%”, engadiu Quintas.
A portavoz de Emprego socialista rematou apuntando que “todos os datos abocan a constatar unha realidade de empobrecemento”, demandando á Xunta que poña en marcha “unha axenda extraordinaria e urxente polo emprego, co obxectivo de acadar a promoción mínima de 50.000 postos de traballo no próximo bienio e con medidas dirixidas, de xeito preferente, ao colectivo da mocidade, das mulleres e para as persoas maiores de 45 anos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar