Os socialistas denuncian un ERE encuberto na sanidade galega pola imposición de 800 xubilacións forzosas

Os socialistas denuncian un ERE encuberto na sanidade galega pola imposición de 800 xubilacións forzosas

Os socialistas denuncian un ERE encuberto na sanidade galega pola imposición de 800 xubilacións forzosas

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe que o goberno galego está a impoñer un ERE encuberto na sanidade galega a través da imposición de xubilacións forzosas a tódolos médicos e médicas ao cumprir os 65 anos, deixando logo ditas prazas vacantes. Lembrou que as previsións da Xunta ascendían a retirar do sistema a 800 profesionais entre 2009 e 2015.

A deputada socialista levou unha serie de iniciativas ao Parlamento de Galicia para que a Xunta explique diante do Pleno o seu “empeño polas xubilacións”, que provoca a “devaluación da sanidade pública irrecuperable a curto e medio prazo”. Sinala que ao tempo que os profesionais son xubilados, o goberno galego négase a repoñer as súas prazas con novos profesionais.

Advirte que a Xunta oponse mesmo a repoñer o mínimo do 10 por cento das prazas que permite a Lei, provocando “a perda dun número moi importante de traballadores para o Sistema Público de Saúde”. Advirte que a complexidade dalgunhas das especialidades afectadas obriga a empregar “moitos anos para chegar unha completa e sabia visión das mesmas”.

800 profesionais xubilados
Acuña lembra que o goberno galego confirmou a finais do ano pasado que as súas previsións eran de xubilar a un total de 800 profesionais entre os anos 2009 e 2015, nunha “estratexia descarada de empeorar a calidade da sanidade pública para impulsar á privada”.

Acusou á Xunta de executar un “ERE descapitalizador do sistema sanitario público” en cantidade e calidade, “botando fora á elite dos profesionais”, xa que mentres podían ampliar o exercicio ata os 70 anos, hoxe son “botados de mala maneira, empuxados a marchar para que os absorba o sistema privado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar