Os socialistas denuncian que Sogama aplique “unha pequena rebaixa electoralista” do canon tras a subida do 34% do ano pasado

Os socialistas denuncian que Sogama aplique “unha pequena rebaixa electoralista” do canon tras a subida do 34% do ano pasado

Os socialistas denuncian que Sogama aplique “unha pequena rebaixa electoralista” do canon tras a subida do 34% do ano pasado

patrcia vilanOs socialistas galegos denuncian a “rebaixa electoralista” do canon de Sogama nun 10%, anunciada hoxe no DOG, “que non palía o incremento do 34% aplicado aos concellos o ano pasado”.

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, lembrou hoxe que Sogama encargou en xuño de 2013 por 60.000 euros un estudo de viabilidade das instalacións a PricewaterhouseCoopers, “do que saiu a suba do 34%”.

“O ano pasado, pedimos a derrogación en numerosas ocasións e o Partido popular sempre dixo non, pero polo que sabemos agora fíxose unha revisión dese estudo hai uns meses”, afirma Vilán, que lamenta a intención electoralista da medida e demanda os detalles desta revisión.

Os socialistas rexeitan este tipo de “rebaixa” no canon e esixen a retirada total do tributo imposto unilateralmente ás entidades locais. Acusan ademais ao goberno galego da “apropiación indebida” dos fondos dos concellos ao impor e manter o canon mesmo cando xa sabían do incremento de ingresos, malia o que “optaron polo engano e ocultación”.

Vilán considera que o PP rachou o diálogo cos concellos impoñendo o canon con ameazas expresas e mesmo detraendo por Lei os cartos do FCI dos concellos que se negaran a pagar o canon. Ademais, engadiu, rexeitaron tódalas modificacións propostas pola oposición ao Plan de xestión de residuos e contrataron, de forma unilateral, un Plan de Viabilidade “á carta” a unha empresa privada, o que evidencia “a súa idea de diálogo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar