Os socialistas denuncian que os últimos datos reflicten de novo que “a estratexia industrial da Xunta baséase na devaluación salarial e non no I+D+i”

Os socialistas denuncian que os últimos datos reflicten de novo que “a estratexia industrial da Xunta baséase na devaluación salarial e non no I+D+i”

Os socialistas denuncian que os últimos datos reflicten de novo que “a estratexia industrial da Xunta baséase na devaluación salarial e non no I+D+i”

Abel LosadaOs socialistas galegos denunciaron hoxe que os últimos datos de I+D+i reflicten unha vez máis que “a estratexia industrial da Xunta de Feijóo baséase na devaluación salarial como única forma de gañar competitividade, e non na innovación”.
“Hoxe coñecimos novos datos que poñen de novo enriba da mesa que a axenda de industrialización do Goberno galego é mera propaganda, cando falamos dun sector estratéxico que perdeu máis de 50.000 postos de traballo desde o ano 2009”, asegura o portavoz de Industria dos socialistas, Abel Losada.
O gasto en I+D+i no ano 2013 situouse en Galicia no 0,86 % do PIB, a sétima porcentaxe menor de todas as comunidades autónomas, fronte ao 1,24% do PIB no conxunto de España. A taxa de variación respecto o ano anterior foi negativa nun 3,9 % en Galicia, superior nun 39% ao –2,8 % de España.
“Son datos que seguen dándonos a razón aos que cuestionamos a política industrial da Xunta, Galicia ten o 6% da poboación de España e o 5% do PIB, pero o gasto en innovación só supón o 3,6% do total estatal”, apunta o deputado socialista. O PSdeG presentará varias iniciativas na Cámara para esixir ao Executivo un cambio na súa política industrial.
“A axenda industrial da Xunta non é máis que a historia dun fracaso e a estratexia da internacionalización, tanto na exportación de mercancías como para atraer capital estranxeiro, só é posible en territorios que apostan dunha maneira clara pola innovación”, asegura Losada, que forma parte ademais do grupo de traballo socialista que consensuará a curto prazo con patronal e sindicatos un plan para potenciar e modernizar a industria galega.
“A innovación, a loxística, a mellora do financiamento das empresas e o incremento da demanda interna serán os piares da nosa axenda para a industria galega”, engade Abel Losada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar