Os socialistas denuncian que “os 63 centros de saúde prometidos por Feijóo quedaron en 15, dos que só hai oito adxudicados”

Os socialistas denuncian que “os 63 centros de saúde prometidos por Feijóo quedaron en 15, dos que só hai oito adxudicados”

Os socialistas denuncian que “os 63 centros de saúde prometidos por Feijóo quedaron en 15, dos que só hai oito adxudicados”

acuñaA portavoz de Sanidade dos socialistas galegos, Carmen Acuña, denunciou hoxe no pleno do Parlamento que “Núñez Feijóo prometeu a construción de 63 centros da saúde cando chegou á presidencia da Xunta, pero agora quedaron en quince, dos que só hai oito adxudicados”.

“O impulso democrático de Feijóo queda en nada se vostede sigue aquí, cada día hai un motivo máis para cesala”, afirmou Acuña nunha interpelación en referencia á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. “O único que fan vostedes é vender fume”, dixo a socialista.

“Primeiro foron 63, despois 51, no 2010 falaron de 21 aproveitando o obtido co copago dos medicamentos, pero a realidade é outra e moitos dos municipios que contaban cun novo centro de saúde quedarán sen el, unha mentira máis”, manifestou Acuña.

“O que si fixeron vostedes é darlle un contrato de oito millóns de euros para mantemento e subministro enerxético á empresa multinacional Cofely, que é unha das implicadas na Operación Púnica”, apuntou a portavoz de Sanidade do PSdeG na Cámara.

“Qué lle van a dicir aos cidadáns de municipios como Cambre, Culleredo ou Ames, que contaban cun novo centro de saúde? Que pasou cos fondos europeos que ían destinar aos centros?”, preguntoulle Acuña a Mosquera na interpelación.

“Hoxe temos aquí ao afectados pola hepatite c, as urxencias están saturadas e os centros de saúde non chegan, teñen vostedes unha estratexia baseada nas falsas promesas e nas mentiras”, engadiu a socialista, que demandou de novo o cese da conselleira de Sanidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar