Os socialistas denuncian que “o sistema de brigadas municipais de extinción de incendios non funciona” e lamentan o “victimismo” da Xunta ao culpar aos concellos

Os socialistas denuncian que “o sistema de brigadas municipais de extinción de incendios non funciona” e lamentan o “victimismo” da Xunta ao culpar aos concellos

Os socialistas denuncian que “o sistema de brigadas municipais de extinción de incendios non funciona” e lamentan o “victimismo” da Xunta ao culpar aos concellos

2214324O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, denunciou hoxe que “o que está pasando este verán en Galicia demostra que o sistema de brigadas municipais de extinción de incendios non funciona, é inoperativo, insostible e caro”.

“Os cidadáns precisan dun presidente da Xunta que enfronte os problemas estructurais que padecemos” e non que cada vez que hai un incendio desvíe a atención apelando “cun falso victimismo” á “colaboración cidadá”, aos concellos e á “persecución dos incendiarios”, asegura o deputado socialista.

García sinala que “ninguén pon en dúbida que hai que perseguir con todos os mecanismos posibles aos incendiarios, pero centrarse neste aspecto exclusivamente é irresponsable ademais de pouco eficaz”. O Partido Popular vetou a petición socialista de comparecencia do presidente da Xunta no pleno da semana pasada para explicar a estratexia do goberno neste tema.

O PSdeG considera que a política de incendios resulta “insostible economicamente” e que se basea “unicamente nun dispositivo de extinción cada vez mais fragmentado, menos operativo, menos profesional e menos eficiente”. García critica que “a prevención quedou relegada a un cumprimento, no mellor dos casos, teórico sobre o papel sen ningún tipo de priorización nin planificación a curto, medio nin longo prazo”.

Os socialistas galegos defenden un modelo baseado na prevención, e unha prevención baseada na potenciación da actividade agrogandeira e forestal como elemento principal: “Ese modelo sería a medio prazo non só máis eficiente, senón que moito máis barato e xeraría emprego”.

A situación deste mes, xa de por si complicada, convértese en “crítica” polo desmantelamento dos medios de prevención e investigación dos lumes. García lembrou que a Xunta leva “anos” facendo desaparecer as casetas de incendios desde as que era posible detectar e dar a alarma, reducindo o tempo de resposta e o custe dos medios necesarios para a extinción.

Ademais, a desaparición das BRIIF –Brigadas de Investigación de Incendios Forestais- impide coñecer as causas e motivos dos lumes forestais na comunidade autónoma, reducindo notablemente polo tanto a eficacia da prevención dos incendios.

Por último, García lamenta que “se temos a desgraza de ter un incendio preto da nosa casa, seguro que virá o titular do presidente da Xunta alentándonos a revelarnos contra os que queren destruír a nosa terra”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar