Os socialistas denuncian que o proxecto de Lei de Emprego Público consolida “o recurte de dereitos” dos traballadores públicos e o “totalitarismo” da Xunta do PP

SestayoOs socialistas galegos denunciaron hoxe no pleno do Parlamento que o proxecto de Lei de Emprego Público “consolida o recurte de dereitos” dos traballadores públicos e o “totalitarismo” da Xunta do PP.

No debate de totalidade do proxecto de Lei, a deputada socialista Beatriz Sestayo lamentou que “o Goberno do Partido Popular non tivera en conta as alegacións de diferentes colectivos que amosan o seu claro rexeitamento, como tamén pasa cos sindicatos maioritarios”.

“O texto reflicte a vontade totalitaria da Xunta para impor os seus criterios sen respectar os dereitos dos traballadores”, afirmou Sestayo, lembrando que o proxecto de Lei afecta tamén ás “condicións dos empregados das administracións locais sen ter en conta a opinión dos concellos”.

“Perden unha ocasión magnífica para acatar as sentenzas xudiciais e discriminan co seu texto entre persoal directivo e o resto dos traballadores”, apuntou a deputada socialista, que criticou por outra parte os criterios para o nomeamento dos postos de libre designación.

“O proxecto fala dun regulamento para a súa aplicación con prazos de tres anos para desenvolver a lei, polo que xa non poderá facerse na presente lexislatura”, manifestou, engadindo que “o informe económico é impreciso, como sempre o PP prometendo cousas sen concretalas”.

“Pedimos que se retire a lei e busquen un maior consenso cos traballadores e sindicatos, a Xunta do Partido Popular actúa como sempre dunha forma arbitraria e o proxecto de lei presenta numerosos aspectos sen concretar e incluso contrarios á Constitución”, rematou a deputada socialista.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar