Os socialistas denuncian que o PP carece dunha estratexia para loitar contra a pobreza “e o único que fai son anuncios electorais”

Os socialistas denuncian que o PP carece dunha estratexia para loitar contra a pobreza “e o único que fai son anuncios electorais”

Os socialistas denuncian que o PP carece dunha estratexia para loitar contra a pobreza “e o único que fai son anuncios electorais”

Carmen GallegoOs socialistas galegos criticaron hoxe o cambio na estratexia de comunicación do PP con respecto á pobreza. “Medrou un 14% en Galicia con Feijóo e xusto agora, pouco antes do Nadal e dunhas eleccións, anuncian que xa están en condicións de loitar contra ela e axudar aos desempregados”, asegura Carmen Gallego.
A viceportavoz do PSdeG na Cámara ofreceu unha rolda de prensa, tras a decisión da Xunta de non contestar unha pregunta en Comisión prevista para hoxe sobre o desenvolvemento da Lei de Inclusión, aprobada en novembro de 2013. “Alegaron problemas de axenda da directora xeral de Familia pero podía vir outro representante do Goberno, o que pasa é que non quixeron contestar porque hai un incumprimento evidente nos prazos para o desenvolvemento da Lei”, afirmou Gallego.
A deputada socialista explicou por outra parte que “a nova estratexia de inclusión social aprobada onte no Consello da Xunta carece de orzamento e de prazos, foi presentada sen manter nin unha soa xuntanza cos concellos e cumpre un mero trámite administrativo para a programación dos fondos europeos”.
“Nestes seis últimos anos, se desmantelaron as oficinas de inclusión social das sete grandes cidades, os retrasos na tramitación da Risga chegan aos dez meses, os servizos sociais municipais dos concellos están colapsados e para 2015 a Xunta prevé asistir a 10.000 persoas coa Risga, cando temos máis de 55.000 familias en pobreza severa”, apuntou.
Carmen Gallego lembrou que todos os informes coñecidos “reflicten que a pobreza medra en Galicia case o dobre que en España desde o comezo da crise, entre outras cousas polos brutais recurtes do PP de Núñez Feijóo, e as persoas en risco de exclusión e dificultades para atopar un emprego superan en 25 puntos a media española”.
“Prometeron que a Lei de de Inclusión estaría plenamente operativa antes do verán e nin cumpren nin veñen hoxe en Comisión a recoñecelo, mentres onte presentan unha estratexia de cara a galería”, engadiu Gallego, que rematou afirmando que “en Galicia hai máis persoas no paro e na pobreza que cando Feijóo chegou a Goberno, esa é a única realidade e coas políticas do PP as cousas seguirán empeorando”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar