Os socialistas denuncian que o PP “aproveitou a crise para cambiar o modelo social”, mentres 4.000 empresas pecharon e 130.000 mozos emigraron en cinco anos

Os socialistas denuncian que o PP “aproveitou a crise para cambiar o modelo social”, mentres 4.000 empresas pecharon e 130.000 mozos emigraron en cinco anos

Os socialistas denuncian que o PP “aproveitou a crise para cambiar o modelo social”, mentres 4.000 empresas pecharon e 130.000 mozos emigraron en cinco anos

“A ideoloxía privatizadora e a intención da dereita de rebaixar salarios e prestacións provoca desolación e máis de 100.000 fogares galegos con todos os seus membros en paro”, asegura María Quintas

O portavoz de Emprego dos socialistas galegos no Parlamento, María Quintas, lamentou hoxe no pleno da Cámara que “o Partido Popular aproveitase a crise económica para cambiar o modelo social, mentres 4.000 empresas pecharon e máis de 130.000 mozos e mozas emigraron nos últimos cinco anos”.

Nunha interpelación á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, a deputada socialista criticou que ao grupo de goberno que “non lle interesen os parados”. Na súa intervención, Quintas afirmou que “a ideoloxía privatizadora e a intención da dereita de rebaixar salarios e prestacións provoca desolación e máis de 100.000 fogares galegos con todos os seus membros en situación de desemprego”.

“Levan cinco anos no Goberno da Xunta e son incapaces de executar un proxecto, o único que fan é falar da herdanza do PSOE, cales son as súas medidas? Quen entrou na senda do crecemento? Teñan por favor un pouco de dignidade e de vergoña”, manifestou a portavoz de Emprego socialista.

En opinión de María Quintas, “temos que recadar máis dos que máis teñen e axudar ás rendas baixas e medias, a Xunta condena á pobreza a centos de milleiros de familias”. Na súa resposta, a conselleira de Traballo limitouse a negar as críticas e a asegurar que este ano haberá máis emprego.

“Ao pobo lle vai mal, moi mal, é unha realidade, por iso os conselleiros non falan cos traballadores; a sociedade necesita medidas de estímulo, non rebaixas de orzamento, privatizacións de forma continua e recortes dos servizos públicos”, apuntou Quintas.

A deputada socialista engadiu que “os pensionistas galegos sufrirán un recorte de 5.000 millóns de euros en oito anos, a situación é desoladora e desde o Goberno da xunta non son quen de tomar a iniciativa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar