Os socialistas denuncian que o PP antepón “unha operación de propaganda ao interés de Galicia” coa nova lei para garantir a calidade dos servizos públicos

Os socialistas denuncian que o PP antepón “unha operación de propaganda ao interés de Galicia” coa nova lei para garantir a calidade dos servizos públicos

Os socialistas galegos denunciaron hoxe no pleno do Parlamento que o Proxecto de lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración “é un paripé e a demostración de que o Partido Popular antepón una operación de propaganda ao interés de Galicia”.

No debate do texto na Cámara, a deputada socialista Beatriz Sestayo lamentou que o PP “presente un proxecto para garantir a calidade dos servizos públicos no que exclúe aos profesionais da sanidade, a educación e a xustiza”. O PSdeG votou en contra da lei.

“Deixan fora a sanidade, un sector que perdeu 2.000 traballadores desde a chegada de Feijóo á presidencia da Xunta, o proxecto de lei non ten transparencia e entra en contradicción coa normativa vixente pero non a deroga, o que provoca inseguridade xurídica”, apuntou Sestayo.

A deputada socialista manifestou que o texto “non ten en conta a participación cidadán nin dos usuarios, non queren escoitar as queixas da xente”. “Isto é unha pantomima, veñen vostedes aquí cun texto que ten unha dotación de 15.000 euros e queren cambiar o país, pero despois eliminan as axudas á Dependencia, aos emigrantes, para cooperación ou para voluntariado”, dixo.

En opinión dos socialistas, o texto do Partido Popular non busca en ningún momento defender os dereitos dos cidadáns. “Falan da posibilidade de sancionar a empresas que non cumpran as condicións das concesións e contratos públicos, como se iso non o fixeran ata o de agora; a vostedes lle importan os intereses empresariais, non os dos cidadáns”, engadiu.

“O PP non aceptou ningunha das nosas propostas para axilizar os trámites administrativos e facilitar as cousas aos cidadás, vostedes o único que fan é utilizar o seu autoritarismo para sacar adiante un proxecto de lei inútil, sen consenso e que non servirá para nada”, rematou Sestayo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar