Os socialistas denuncian que o Partido Popular “gosta de facer trampas en solitario cambiando o seu antoxo” a lexislación electoral

Os socialistas denuncian que o Partido Popular “gosta de facer trampas en solitario cambiando o seu antoxo” a lexislación electoral

Os socialistas denuncian que o Partido Popular “gosta de facer trampas en solitario cambiando o seu antoxo” a lexislación electoral

Os socialistas galegos lamentaron hoxe no pleno do Parlamento que o Partido Popular “gosta de facer trampas en solitario cambiando o seu antoxo” a lexislación electoral nunha evidente “estratexia partidista”.

“O Partido Popular, por primeira vez en Galicia e en España, pretende modificar unilateralmente a lexislación electoral, aínda que no seu programa de 2009 pedía establecer unha maioría de dous tercios para reformarla”, afirmou no pleno do Parlamento o deputado socialista Francisco Caamaño.

Agora, o PP quere reducir en solitario o número de escanos do Parlamento e reformar unilateralmente a lexislación electoral municipal baixo o lema de que goberne a lista máis votada. “Pero en Galicia xa temos un caso no que o PP foi moito mais aló e mesmo considerou que para gobernar abonda que haxa lista aínda que ninguén a votara”, manifestou Caamaño.

Os socialistas apoiaron na Cámara unha iniciativa para a modificación do artigo 182.2 da LOREG, rexeitada polo PP, despois da “interpretación inxustificada” do mesmo feita no Concello de Santiago. O socialista apuntou que este artigo “foi introducido no ordenamento xurídico mediante a Lei Orgánica 1/2003 para protexer a democracia fronte o terrorismo”.

O precepto habilita unha vía subsidiaria de carácter moi excepcional para facer fronte “a situacións particularísimas por ameazas exteriores” nas que exista un risco alleo á normalidade democrática que poidera cuestionar a continuidade dun goberno local trala elección e constitución do mesmo (casos de terrorismo).

Sempre que se dean estas circunstancias excepcionais, o artigo 182.2 da LOREG habilita á Administración electoral para designar como representantes da cidadanía a persoas que nunca formaron parte da candidatura e que como tales no participaron en ningún proceso electoral.

No Concello de Santiago, entre os trece concelleiros do Partido Popular hai sete cidadáns que non foron elixidos polos cidadáns, “nunha interpretación inxustificada” deste artigo 182.2 da LOREG. “Evindentemente non o fixo por existir ameazas terroristas nen para darlle continuidade a un goberno que xa non existía, non o fixo da cordo co previsto no espírito da lei”, dixo Caamaño. “Agustín Hernandez saiu a rua, buscou a sete e lles dixo ‘se me facedes alcalde vos nomeo concelleiros’, un incríble sentido da democracia”, apuntou o socialista.

“Debe darse, polo tanto, unha nova redacción ao artigo 182.2 que exclúa a posibilidade de prácticas antidemocráticas, cremos convinte que se lle dea unha nova redacción ou mesmo se suprima o seu parrafo segundo”, engadiu o deputado socialista, que rematou afirmando que “como en caso de aprobarse esta inciativa a competencia xa reside nas Cortes, é un bo momento para facer esta e outras reflexións axerca da incríble imaxinación do PP para rirse da lexislación ou cambiala o seu antoxo; en todo caso, xa lles adianto que os socialistas nunca apoiarían unha reforma electoral sen contar coa maioria dos grupos parlamentarios”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar