Os socialistas denuncian que o incendio do Xurés evidencia a ausencia de planificación territorial e a inopertividade da Xunta na loita contra o lume, incluso en inverno

Os socialistas denuncian que o incendio do Xurés evidencia a  ausencia de planificación territorial e a inopertividade da Xunta na loita contra o lume, incluso en inverno

Os socialistas denuncian que o incendio do Xurés evidencia a ausencia de planificación territorial e a inopertividade da Xunta na loita contra o lume, incluso en inverno

Pablo García anuncia a solicitude de comparecencia da conselleira de Medio Rural no Parlamento para explicar para que dea unha explicación dos feitos acontecidos, así como do traballo que se desenvolve no operativo de Prevención e de Extinción de Incendios nos meses de inverno

Censura aos responsables desprazados pola Xunta que propuxeron vixiar e denunciar aos veciños, que de novo se viron solos para defender o monte do lume durante as primeiras horas do lume

Reitera a reclamación socialista dunha verdadeira política de prevención e de xestión do territorio

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Pablo García, ven de afirmar que as máis de 300 hectáreas queimadas no Xurés, un dos espazos considerados como unha das xoias medio ambientais de Galicia, “corrobora a imposibilidade de atallar de forma efectiva a lacra dos incendios forestais e a actividade incendiaria, sen unha verdadeira política de prevención e de xestión do noso territorio”.

O parlamentario socialista esperaba que, “cando menos, naquelas áreas que, de forma teórica, contan con unha protección especial como é o Parque do Xurés”, contaríase con medios, pero sen embargo vemos como as condicións de protección do parque natural son vulneradas na práctica reiteradamente sen que se tome ningún tipo de medida especial que o evite.

A situación de frío intenso e ausencia de humidade, a actividade incendiaria sempre perseguible, o forte vento, “non deberían ser argumentos suficientes para que no mes de decembro, con un índice de incendios moi pequeno, poidan queimarse 300 hectáreas dun parque natural” denuncia o parlamentario socialista.

A razón de tal feito atopouna García na “concepción de parque natural que ten esta Xunta de Galicia, que é a de que por ser Parque Natural, non temos que facer nada, non temos que facer ningún tipo de xestión, non temos nin sequera que volver por alí ata que dentro de catro ou cinco anos lle toque volver a arder”.

Reitera o socialista que a responsabilidade do Goberno non é que se inicie un incendio, “pero si debe asumir responsabilidades de non ser capaz de atallalo nun tempo razoable”. Pablo García vai máis alá do número de efectivos que se poidan desprazar, “que parece que neste caso foron escasos nos primeiros momentos”, tal como corroboran os alcaldes da zona. O portavoz de Medio Rural do GP Socialista fai fincapé en que os efectivos non son operativos sen unha mínima xestión do terreo”.

Censura o socialista as palabras dos responsables da Xunta de Galicia desprazados á zona, xa que a única explicación que deron ós veciños, que unha vez máis tiveron que defender as súas aldeas coas súas mans e cos seus medios, era que “vixíen e denuncien”.

O deputado socialista anunciou que o PSdeG solicitará a comparecencia da Conselleira de Medio Rural no Parlamento para que dea unha explicación dos feitos acontecidos, así como do traballo que se desenvolve no operativo de Prevención e de Extinción de Incendios nos meses de inverno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar