Os socialistas denuncian que o Igape é a crónica dunha morte anunciada desde que a chegada de Feijóo ao goberno

Os socialistas denuncian que o Igape é a crónica dunha morte anunciada desde que a chegada de Feijóo ao goberno

Os socialistas denuncian que o Igape é a crónica dunha morte anunciada desde que a chegada de Feijóo ao goberno

Abel Losada preguntou en Comisión ao director deste organismo pola baixada constante dos orzamentos do IGAPE cando máis falta fai o crédito

Acusa á Xunta de executar unha estratexia de desmantelamento do IGAPE

Recriminou a Feijóo andar máis agudo co BEI para conseguir financiamento para o Hospital privado de Vigo que para as empresas que están a pechar no noso país

O portavoz socialista de Industria, Abel Losada, denunciou que, desde a chegada de Feijóo á Xunta, “o IGAPE é a crónica dunha morte anunciada”. O deputado fixo esta afirmación na defensa dunha pregunta en Comisión ao director do IGAPE sobre as graves consecuencias para a Economía Produtiva supón o peche do crédito para as empresas, nomeadamente para as PEMES.

O parlamentario socialista salientou que, “hai unha historia orzamentaria, política, e de reputación deste organismo que literalmente este Goberno botou polo chan”. Desde 2009, denunciou Losada, o IGAPE pasou de 300 millóns de euros en 2009 a pouco máis de 80 millóns para o ano 2014.

E non por falta de necesidade de políticas de activación e impulso da economía no mesmo período. Pérdese un 25% de ocupación na Industria e cae o PIB do sector industrial, “o que demostra que o papel do IGAPE é moi escaso”, aseverou o deputado do PSdeG.

Aínda que coincide cunha crise de demanda, esta “non provén do ceo, senón dunha caída de salarios, dun aumento enorme do desemprego, da caída das pensións e duns recortes nos servizos públicos que fan que as familias teñan menos recursos á súa disposición”.

Non só o FMI clama polo crédito, senón “todos os sectores económicos deste país”. Lamentablemente, continuou Losada, “a dirección ideolóxica e política da dereita vai toda en contra de que o crédito se repoña”.

Ante a ausencia de crédito, “o que si hai é publicidade e propaganda”, acusou o voceiro socialista de Industria que esgrimiu un titular de prensa onde o conselleiro de Economía se gababa de destinar 2 millóns de euros a que os empresarios teñan créditos como os alemáns. “Ou moi poucos empresarios galegos van pedir créditos ou é estratexia de propaganda, pero que non responde ás necesidades deste país”, censurou Abel Losada.

Losada chegou á conclusión que, se o principal problema é o crédito e cada vez ten menos menos peso nos orzamentos o organismo crediticio por definición, “a estratexia da Xunta é o desmantelamento do IGAPE”, que sufriu unha redución dramática do seu orzamento como ningún outro organismo da Administración autonómica.

DESCRÉDITO POLA OPERACIÓN CAMPEÓN

O portavoz socialista denunciou que o IGAPE ten “unha estrutura totalmente pervertida, de pirámide invertida”, onde hai máis directivos que en moitas consellerías. Sen embargo isto non se reflicte na eficiencia do organismo. O último orzamento pechado fala dun 30% de execución, fronte o máis do 90% de 2009.

Preguntou tamén Losada ao director do instituto pola influencia da Operación Campeón, na que se viron implicados varios directivos do IGAPE, na “falta de confianza do Banco Europeo de Investimentos neste organismo”.

Recriminou ao Goberno Feijóo que “andara moi agudo co BEI para a búsqueda de financiamento para o Hospital privado de Vigo, hai foron eficaces ao 100%, estaría ben que o foran tamén para centos de empresas en Galicia que están pechando”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar