Os socialistas denuncian que o desleixo de Feijóo provocou que Galicia fora a autonomía con máis crecemento do desemprego

Os socialistas denuncian que o desleixo de Feijóo provocou que Galicia fora a autonomía con máis crecemento do desemprego

Os socialistas denuncian que o desleixo de Feijóo provocou que Galicia fora a autonomía con máis crecemento do desemprego

O portavoz de Emprego do Grupo Socialista, José Tomé Roca, dixo hoxe que o “desleixo” do presidente da Xunta provocou que Galicia fora a autonomía con máis crecemento do desemprego –un 20,9 por cento- do Estado en pleno ano Xacobeo. Así o dixo logo de coñecer os datos de desemprego do ano 2010, que elevan o número de parados en Galicia ata as 203.500 persoas, 40.800 máis que cando chegou á Xunta.

O responsable socialista sinalou que a xestión de Feijóo fixo que o paro en Galicia medrara en Galicia 2,5 veces máis que no Estado en pleno ano Xacobeo. Así, o incremento do paro en Galicia “representa un aumento do paro no último ano do 20,86 por cento, fronte ao aumento en España do 8,55 por cento”.

Tomé Roca considera que o presidente da Xunta resulta “absolutamente prescindible” si continúa sen tomar decisións para loitar contra o desemprego. Explicou que, cos datos de peche de 2010, a poboación ocupada descendeu en 75.400 persoas dende que Feijóo é presidente, cunha diminución que para o último ano foi do 4 por cento, o que triplica ese mesmo dato que para o conxunto de España.

Advertiu que o paro resulta hoxe en día o principal problema dos galegos e das galegas, que ven cómo o seu presidente elude tomar decisións a pesares de contar con tódalas competencias en políticas activas de emprego. Criticou que tanto Feijóo como Mato prefiran centrarse nunha “campaña de confrontación belicosa” contra o Goberno central en lugar de asumir as súas responsabilidades.

Tomé dixo que a Feijóo “xa non lle valen máis desculpas” porque ten a “obriga” de solucionar o problema como responsable das políticas activas de emprego, das que “só se lembra para facer recortes”. Dixo que “se a Xunta non ten ideas para frear o paro en Galicia, debe convocar de inmediato aos axentes sociais e aos grupos parlamentarios para acadar solucións a esta grave situación na que meteron á Comunidade Autónoma”.

Sinalou que mentres no primeiro trimestre de 2009 Galicia era a quinta autonomía na que menos medraba o paro, seis puntos menos que a media estatal, hoxe aumenta preto de doce puntos máis que a media e é na que máis crece o paro.

Bágoas de crocodilo

Criticou as “bágoas de crocodilo” fronte a cada decisión do Executivo mentres “esquecen” que dende a súa chegada á Xunta reduciron os orzamentos de promoción do emprego nun total de 66,5 millóns de euros dende 2009. Esta situación, engadiu, tradúcese nun “incremento galopante” do número de persoas desempregadas nesta Comunidade Autónoma, facendo que Galicia teña os peores datos de paro do Estado en 2010.

Criticou que mentres tanto a conselleira trate de “enganar” aos galegos e galegas anunciando axudas de 400 € por formación cando a realidade é que non superarán os 290 por computar días de asistencia aos cursos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar