Os socialistas denuncian que “nos sete anos de Feijóo, o paro medrou un 50%, a ocupación baixou un 12% e hai un 30% de traballadores pobres”

Os socialistas denuncian que “nos sete anos de Feijóo, o paro medrou un 50%, a ocupación baixou un 12% e hai un 30% de traballadores pobres”

Os socialistas denuncian que “nos sete anos de Feijóo, o paro medrou un 50%, a ocupación baixou un 12% e hai un 30% de traballadores pobres”

María QuintasA portavoz de Emprego dos socialistas galegos no Parlamento, María Quintas, denunciou hoxe que “nos sete anos de goberno de Feijóo, o paro medrou en Galicia un 50%, a ocupación baixou un 12% e hai un 30% de traballadores pobres”.
Na presentación dunha moción no pleno do Parlamento, Quintas manifestou que “o Partido Popular non intentou paliar a crise económica, o único que fixo foi permitir que aumentase a precariedade, o 93% dos novos empregos son precarios”.
A portavoz de Emprego do PSdeG lamentou “que agora veña o conselleiro a presentar un plan de emprego para despois das eleccións xerais, cando os traballadores perderon un 13% do poder adquisitivo e temos unha taxa de actividade seis puntos por debaixo da media española”.
“Neste contexto, calquera pode ver nos xornais en que consistiu a política de formación do PP, con persoas condenadas polo uso irregular dos fondos públicos”, afirmou Quintas, que lembrou tamén “o que pasa na Deputación de Ourense, onde o presidente ten unha política de emprego que consiste en ofrecer un traballo a cambio de sexo”.
Na moción, rexeitada polo PP, os socialistas galegos solicitaban medidas para aumentar “os contratos estables” e “procurar creación de empregos a curto prazo para aquelas persoas que perderon o seu traballo nesta crise e xa esgotaron as súas prestacións”.
“Queremos tamén unha igualdade real de mulleres e homes no ámbito laboral a través de programas específicos, fortalecer o Servizo Público de Emprego, recuperar o Salario Galego de Inserción e implantar de novo os Pactos Territoriais de Emprego”, rematou Quintas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar