Os socialistas denuncian que Luis Lamas “incumpre a Lei de Incompatibilidades de forma grave” tras adxudicar ao seu propio bufete un contrato do Cetal, do que é tesoureiro

Os socialistas denuncian que Luis Lamas “incumpre a Lei de Incompatibilidades de forma grave” tras adxudicar ao seu propio bufete un contrato do Cetal, do que é tesoureiro

Os socialistas denuncian que Luis Lamas “incumpre a Lei de Incompatibilidades de forma grave” tras adxudicar ao seu propio bufete un contrato do Cetal, do que é tesoureiro

Méndez RomeuOs socialistas denuncian que Luis Lamas, presidente de Sogama e tesoureiro do Centro Teconóloxico Agroalimentario (Cetal), incumpre a Lei de Incompatibilidades 9/1996, de 18 de outubro, ao ter adxudicado o contrato de asesoría xurídica do propio Cetal ao bufete de abogados do que é propietario xunto con outro socio. “Entendemos que o señor Feijóo, en coherencia coa lei, co seu código ético e as súas medidas de rexeneración democrática, aproveitará o pleno extraordinario da próxima semana entre outras cousas para anunciar medidas pola actuación de Lamas”, afirma o voceiro socialista José Luis Méndez Romeu.
A Lei de Incompatibilidades vixente di no seu artigo 3.4 que os altos cargos da Administración autonómica “non poderán posuír a titularidade de participacións superiores ao 10% en empresas que teñan contratos de calquera natureza co sector público estatal, autonómico ou local”, ao que se une por riba “a gravidade de que Lamas ten o cargo de tesoureiro do Cetal, polo que se adxudicou a si mesmo o contrato a dedo” negociado sen publicidade e por valor total de 30.000 euros con dous anos de duración.
Segundo di a propia Lei, o incumprimento deste artigo supón unha sanción de responsabilidade grave que debe ser publicada no Diario Oficial de Galicia, e que obriga á devolución dos cartos sen prexuízo da esixencia de responsabilidades políticas. Ademais, se as infraccións puideran ser constitutivas de delito, a Administración ten a obriga de trasladar a información á Fiscalía. “Xa que Feijóo quere ir por libre coas súas propias propostas contra a corrupción, debe tomar unha decisión contundente se quere ter un mínimo de credibilidade no seu monólogo”, advirte Méndez Romeu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar