Os socialistas denuncian que Galicia segue cos carburantes máis caros de España, dez meses despois de que Feijóo prometese a todos os galegos medidas para rebaixar o prezo

Abel LosadaOs socialistas galegos denunciaron hoxe no pleno do Parlamento que Galicia segue sendo a comunidade autónoma cos carburantes máis caros de España, dez meses despois de que o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, anunciase medidas para rebaixar os prezos.
“Unha vez máis, o presidente da Xunta limitouse a un anuncio propagandístico sen ningún efecto real”, asegurou o portavoz de Industria do PSdeG na Cámara, Abel Losada, nunha pregunta dirixida ao Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.
“O 16 de abril e o 15 de maio de 2014, o presidente da Xunta anunciou que actuaría de forma inmediata para poñer fin a unha situación inxusta”, afirmou Losada, que ensinou no pleno a nova dun xornal que apuntaba que tras este anuncio de Feijóo, os carburantes subiron un 17% en Galicia.
“Feijóo dirixiuse a todos os galegos para falar da necesidade de que a existencia dunha refinería de petróleo na Coruña se trasladase aos prezos, xa que os custos de transporte eran menores”, apuntou o socialista, lamentando o novo incumprimento do presidente da Xunta.
“Falou tamén da solicitude dun informe ao Consello Galego de Competencia e doutra serie de medidas que polo momento non serviron para nada”, engadiu Losada. O conselleiro de Economía e Industria limitouse a explicar que a Xunta segue traballando para acadar unha rebaixa nos prezos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar