Os socialistas denuncian que Feijóo ten expulsado a 400 investigadores das universidades galegas

Os socialistas denuncian que Feijóo ten expulsado a 400 investigadores das universidades galegas

Os socialistas denuncian que Feijóo ten expulsado a 400 investigadores das universidades galegas

Concepción Burgo denuncia a “enxeñería contable” do goberno galego ao deixar sen executar o 20 por cento de orzamento para I+D nas universidades

Os socialistas reclamarán a comparecencia do goberno galego para dar conta do mapa de titulacións universitarias

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, denunciou hoxe que os recortes de Feijóo supuxeron a expulsión de 400 investigadores das universidades dende a súa chegada ao goberno galego. Así o dixo na comparecencia do secretario xeral de Universidades para informar da situación do Sistema Universitario Galego na Comisión de Educación do Parlamento.

A responsable socialista sinalou que a supresión dos contratos para proxectos de I+D coas universidades supuxeron a expulsión do sistema dun número importante de investigadores altamente cualificados. Esta é a consecuencia da redución do investimento de I+D, que en 2012 reduciuse ao 0,87 por cento do PIB cando en 2008 superaba o 1 por cento e Euskadi está actualmente no 2,19 por cento.

A esta difícil situación, explicou Burgo, súmase a “enxeñería contable” que desenvolve o goberno galego, que “por unha parte din que soben os fondos e pola outra non os gastan”. Considerou “inadmisible” que no ano 2012 teñan deixado de gastar 10 millóns de euros, o 20 por cento do do orzamento previsto para investigación universitaria, nun camiño que vai “polos mesmos indicadores para o ano 2013, se non peor”.

Engadiu que no exercicio de 2013 o goberno galego deixou sen investir o 28 por cento dos 19 millóns de euros previstos para convocatorias de investigación, o que supón que desbotaron un total de 5 millóns de euros.

Esta foi a mesma estratexia, sinalou, que o goberno galego seguiu para reducir drasticamente o investimento en bolsas de estudos, xa que mentres anuncian que manteñen o investimento, a realidade é que “en 2012 gastaron só a metade do orzamento previsto para as bolsas”. Criticou que a política de apoio ao ensino universitario de Feijóo é “todo fume, aparencia, e ningunha realidade”.

Instou ao goberno galego a “protestarlle ao Ministerio de Educación si realmente lles parece mal a política de bolsas do goberno”, e advertiu que mentres critican a política do ministro Wert, en realidade “non levantaron un só papel nin falaron unha soa vez co goberno da súa nefasta política” en materia de bolsas de estudos.

Advertiu que mentres “todo sexan loas á xestión da Consellería” pero o goberno galego “non ten nin medio minuto para loar o esforzo da Universidade e dos seus profesionais, que malia os recortes drásticos manteñen ás universidades galegas en ránkings moi elevados” sendo a carta Comunidade Autónoma na captación de recursos externos.

Plan de Financiamento

Concepción Burgo criticou que o goberno teña incumprido o Plan de Financiamento das Universidades galegas 2001-2015, xa que cando en 2014 tiñan que dispor de 411 millóns de euros, a realidade é que “só teñen 373”. Esta redución, advertiu, vai “moito mais alá do 5 por cento da rebaixa salarial”, xa que os fondos “non están chegando” e provocou un descenso do orzamento real do 15 por cento das universidades galegas.

Criticou que o goberno galego teña anunciado un aumento do 3,5 por cento do orzamento para as universidades en 2014 cando a realidade é que en 2013 baixou un 6,5 por cento e á hora da verdade non executan os orzamentos que anuncian. Explicou que a realidade é que “seguimos perdendo mais do 3 por cento do orzamento en dous anos” para unha universidade da que detraeron 375 millóns de euros dende 2009.

Comparecencia

A deputada socialista acusou ao secretario xeral de ter eludido o debate cos grupos parlamentarios sobre o mapa de titulacións das universidades galegas, polo que anunciou a solicitude de comparecencia explícita sobre este tema. Engadiu que “malia que o PP rexeite a nosa solicitude de comparecencia temos rexistradas preguntas orais de abondo para que dean conta nesta Comisión do mapa de titulacións dunha maneira ou doutra”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar