Os socialistas denuncian que Feijóo esquece e abandona á comarca do Ribeiro

Os socialistas denuncian que Feijóo esquece e abandona á comarca do Ribeiro

Os socialistas denuncian que Feijóo esquece e abandona á comarca do Ribeiro

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal interveu na Comisión 6º do Parlamento, para reclamar mediante unha Proposición, que a Xunta consigne os recursos económicos necesarios, para poder executar no primeiro semestre do ano 2011 a terceira fase do Parque Empresarial de Ribadavia, e así colaborar na instalación daquelas iniciativas emprendedoras que demandan terreos para desenvolver os seus proxectos empresariais. A iniciativa foi rexeitada polo PP.

Asegurou que o PP “non queren comprometerse coa creación de emprego de postos de traballo na Comarca do Ribeiro”. E insistiu “ Feijoo está comprometido co seu afogamento, que pasa por nunha nube de cinzas coa Sogama do Sur”, aseverou.

O portavoz socialista lembrou na súa intervención que o Parque empresarial de Ribadavia está enclavado no corazón do Ribeiro, nun lugar privilexiado, ao carón dunha das principais arteiras de comunicación do noso país, a autovía A-52 Ourense – Vigo.

O parlamentario dixo que na actualidade ten desenvoltas dúas fases das previstas e precisa que dun xeito inmediato e urxente por parte do organismo competente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras se desenvolva a terceira fase comprometida e pendente. Denuncia que nos orzamentos da Xunta do ano 2010 había consignada unha partida de 3.1 millóns de euros que non se executou, e insistiu “un incumprimento mais de Feijoo con Ourense”, espetou.

Sinala ademais que nas contas de 2011 a partida para este parque empresarial é de 127.062,58 €. Asegura que a cifra é claramente insuficiente para poder desenvolver a terceira fase deste parque empresarial e así poder facilitar terreos as empresas que teñen manifestado o seu desexo de asentarse nel.

López Vidal referiuse tamén aos investimentos territorializados nos parques empresarias de Xinzo, con 4,9 millóns de euros, en Verin 5,2 millóns e en Vilamarin 370.000 euros, e ironizou “non quero explicarlles quen goberna en cada un destes concellos”.

Sinalou tamén que é fundamental apostar polo solo industrial para favorecer o asentamento das empresas en Galicia e nomeadamente en Ourense. E reclamoulle ao Goberno de Feijoo “que non condene mais aos ourensáns”.

Replicou que o esperanzador futuro que o PP quere implantar na provincia de Ourense pasa por executar “unha sentencia de morte”, coa implantación dunha incineradora, por iso resumiu “o futuro dos ourensán será negro e de cinza”, espetou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar