Os socialistas denuncian que a Xunta de Feijóo “fracasou na súa política de vivenda”, inútil para facer fronte ao drama social do paro, a exclusión e os desafiuzamentos

Os socialistas denuncian que a Xunta de Feijóo “fracasou na súa política de vivenda”, inútil para facer fronte ao drama social do paro, a exclusión e os desafiuzamentos

Os socialistas denuncian que a Xunta de Feijóo “fracasou na súa política de vivenda”, inútil para facer fronte ao drama social do paro, a exclusión e os desafiuzamentos

BugalloOs socialistas galegos criticaron hoxe no pleno do Parlamento “o fracaso da Xunta de Feijóo en materia de vivenda”, cunha política insuficiente para facer fronte ao drama social do desemprego, a pobreza e os desafiuzamentos.

Nunha interpelación de Xosé Sánchez Bugallo á conselleira Ethel Vázquez sobre a valoración do Goberno galego da súa política de vivenda, o deputado socialista lembrou que a día de hoxe o número de parados e pensionistas supera en Galicia ao de traballadores ocupados e Cáritas cifra en 600.000 as persoas que viven en risco de exclusión social.

“A esta situación hai que engadir que 2.500 familias perden cada ano a súa vivenda habitual, e dous tercios destes desafiuzamentos chegan por non poder pagar o alugue mensual”, lembrou Bugallo, un dato que contrasta “con esas 500 vivendas sociais que a Xunta asegura ter para estes casos, cando segundo os datos oficiais só hai realoxadas neses inmobles 43 persoas”.

En opinión do socialista, “lamentablemente este Goberno de Núñez Feijóo non é quen de aplicar unha política de vivenda que faga fronte a estes datos”. O 26 de xaneiro, había no rexistro de demandantes de vivendas protexidas un total de 15.126 persoas.

No ano 2007, empezou na comunidade autónoma galega a construción de 4.319 vivendas protexidas, 1.817 no 2010, 439 no 2013 e 42 entre xaneiro e setembro de 2014, o 0,35% do conxunto de España nos tres primeiros trimestres no ano pasado (11.965). “Co ritmo actual de edificación de vivenda protexida, a lista de espera chega aos 45 anos e nove meses”, dixo.

“Outro aspecto moi preocupante é a inexecución orzamentaria, no apartado de fomento da rehabilitación e calidade da vivenda executouse no 2013 o 1,31% do previsto inicialmente, o que deixa en evidencia a política de investimentos da consellería”, apuntou.

Na súa quenda de réplica, Bugallo engadiu que “a realidade desminte as afirmacións da conselleira, que fala de 278 millóns de euros de investimento en política de vivenda en seis anos e non di que iso supón un grao de execución do 40%, xa que estaban previstos 670 millóns de euros, e 278 millóns non son máis que o 0,5% do orzamento xeral da Xunta; o abandono do Goberno neste tema é absoluto, non é unha prioridade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar