Os socialistas denuncian que a Xunta “agochou as probas do caso de Aspergillus” no Álvaro Cunqueiro, “un hospital que en vez dunha solución converteuse nun problema”

Os socialistas denuncian que a Xunta “agochou as probas do caso de Aspergillus” no Álvaro Cunqueiro, “un hospital que en vez dunha solución converteuse nun problema”

Os socialistas denuncian que a Xunta “agochou as probas do caso de Aspergillus” no Álvaro Cunqueiro, “un hospital que en vez dunha solución converteuse nun problema”

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade dos socialistas galegos no Parlamento, Carmen Acuña, denunciou hoxe de novo a actuación da Xunta no falecemento dunha doente infectada por Aspergillus no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. “Agocharon as mostras e as enviaron para a súa analise ao CHUS de Santiago”, manifestou.

Nunha pregunta oral en comisión ao xerente do Servizo galego de Saúde, Antonio Fernández Campa, a deputada socialista lembrou que “a cidade de Vigo ten un hospital privado pero avalado con cartos públicos, tres veces máis pequeno e máis caro do que prometeron, ía ser unha solución pero converteuse nun problema, nun caos constante”.

“Neste hospital privado, en folga no día de hoxe, tense producido o falecemento dunha doente infectada por Aspergillus, cando o traslado dos e das doentes fora paralizado uns días antes pola Administración sanitaria tras terse detectado a presenza deste fungo nas zonas que foron analizadas”, apuntou Acuña.

A portavoz socialista demandou ao xerente do Sergas “os motivos do ingreso da doente falecida no novo hospital, de onde procedía, que día foi ingresada e canto tempo levaba ingresada nese centro cando apareceu a insuficiencia respiratoria”, pero o representante da Xunta negouse a dar explicacións.

“Como xa estaba gravemente enferma, podería considerarse polo tempo transcorrido e o estado inmunolóxico da doente que o tipo da infección detectada foi unha infección nosocomial que provocou a morte desa doente? se está a investigar esa posibilidade?”, preguntou tamén a socialista, que criticou “o secuestro da verdade e das mostras recollidas, do que aconteceu realmente”.

“A Xunta non di a verdade, non sabemos en que se basea a Xerencia de Vigo para afirmar tan rotundamente que o contaxio non se produxo no hospital novo nin por que as mostras foron enviadas a Santiago”, engadiu Acuña sen obter respostas por parte de Campa, que limitouse a atacar aos socialistas, acusandoos de alarmistas por ter solicitado, no seu dia, a evacuación dos doentes críticos ata que remataran os riscos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar