OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE A POLÍTICA DE I+D+I DA XUNTA ESTÁ “BASEADA NA PROPAGANDA” E EXPULSA DE GALICIA AOS INVESTIGADORES

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE A POLÍTICA DE I+D+I DA XUNTA ESTÁ “BASEADA NA PROPAGANDA” E EXPULSA DE GALICIA AOS INVESTIGADORES

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE A POLÍTICA DE I+D+I DA XUNTA ESTÁ “BASEADA NA PROPAGANDA” E EXPULSA DE GALICIA AOS INVESTIGADORES

Os socialistas galegos denunciaron hoxe no pleno do Parlamento a política de I+D+i da Xunta de Feijóo, “baseada na propaganda” e que provoca a marcha de Galicia dos investigadores.

Na defensa dunha proposición non de lei rexeitada polo PP, a deputada socialista Concepción Burgo esixiu “unha solución para os investigadores que gañaron un contrato Ángeles Alvariño nos anos 2007, 2008 e 2009, aos que non se lles permite optar a una nova praza”.

“Desde a chegada do presidente Feijoo, o PP apostou por un modelo económico baseado na rebaixa de salarios e cualificación profesional, un modelo que é claramente un fracaso con graves consecuencias económicas e sociais; como consecuencia desta política, desde 2009 reduciu un 25% os orzamentos en innovación e deixou sen executar 200 millóns de euros”, manifestou.

Burgo lembrou o cambio do Plan galego de investigación e desenvolvemento tecnolóxico 2006-2010 (INCITE), polo Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (I2C), que en moitos aspectos significou un “cambio de modelo” nas políticas de investigación.

Unha das súas negativas consecuencias foi a desaparición da carreira profesional de investigador que estaba perfectamente planificada no INCITE. Un grupo de investigadores e investigadoras que gañaron un contrato de investigación posdoutoral “Ángeles Alvariño” nas convocatorias 2007, 2008, 2009, protestan porque a Xunta os exclúe da posibilidade de continuar a súa carreira profesional optando as axudas para investigación recentemente convocadas.

En efecto, no Plan Incite despois de ter un contrato Ángeles Alvariño podíase optar á continuidade da investigación a través dos Parga Pondal, “pero desgraciadamente o Goberno de Feijoo non o permitiu” (tan só fixo unha convocatoria do Parga Pondal en 2010), e puxo en marcha o I2C, que rompeu as posibilidades de continuación da carreira investigadora de todos os que tiveran contratos anteriores.

Os socialistas esixen “a convocatoria dun novo programa de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral, non excluínte e aberto, que facilite continuidade aos contratos de investigación iniciados na etapa posdoutoral e baseada en méritos e criterios de calidade investigadora”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar