Os socialistas denuncian que a Lei de Economía Social que impulsa o PP “contribúe a considerar os servizos sociais como un negocio”

Os socialistas denuncian que a Lei de Economía Social que impulsa o PP “contribúe a considerar os servizos sociais como un negocio”

Os socialistas denuncian que a Lei de Economía Social que impulsa o PP “contribúe a considerar os servizos sociais como un negocio”

Os socialistas galegos criticaron no Parlamento que a Lei de Economía Social que impulsa o Partido Popular “contribúe a considerar os servizos sociais como un negocio, algo que non podemos aceptar porque falamos dun dos piares fundamentais do estado de benestar”.

Nun debate en comisión para a elaboración do ditame sobre o proxecto de Lei de Economía Social, a portavoz de Emprego dos socialistas galegos, María Quintas, manifestou a postura en contra do PSdeG ao texto, “xa que inclúe aspectos que non podemos aceptar”.

“As nosas emendas demandan unha maior representación das persoas discapacidade, apostando de una forma máis decidida pola súa integración, así como unha maior representación dos sindicatos, xa que a súa perspectiva é necesaria para mellorar a situación da economía social”, manifestou a deputada socialista.

“Temos que blindar os servizos sociais e tratalos de forma independente, como así o permite unha directiva comunitaria”, engadiu Quintas, quen considera que “este proxecto de lei non solucionará o problema económico e de emprego que temos en Galicia”. O PSdeG apoiou as emendas de Grupo mixto, AGE e BNG.

A socialista lembrou que “o Parlamento tramita agora mesmo unha iniciativa para regular o concerto social, mentres o PP trata de introducir nesta lei os mesmos procedementos para a posta en marcha de servizos sociais que os de un negocio calquera, como unha cafetería”.

Para os socialistas, “o proxecto de lei ten moitas eivas, as empresas de economía social deberían ter un mellor tratamento fiscal e moitas das propostas non teñen informes sectoriais das consellerías competentes, o texto mostra unha relevante ausencia de fondos para cuestións fundamentais”, rematou María Quintas.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar