Os socialistas denuncian que a empresa Estela Eólica pretende crear “outra Sogama” en Ourense

Os socialistas denuncian que a empresa Estela Eólica pretende crear “outra Sogama” en Ourense

Os socialistas denuncian que a empresa Estela Eólica pretende crear “outra Sogama” en Ourense

O deputado ourensán do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera interveu hoxe no Pleno da Cámara para coñecer cal é o concello ourensán no que se vai instalar a planta de tratamento de residuos prevista para o Sur de Galicia. Lembra que o Alcalde de Xinzo xa amosou a súa dispoñibilidade para acoller esta planta.

Argumenta que no denominado Concurso Eólico promovido pola Xunta de Galicia, á empresa Estela Eólica fóronlle adxudicados 186 megavatios, o que lle sitúa coma a terceira maior adxudicataria do proxecto. O proxecto industrial basease na construcción dun complexo de tratamento de residuos no sur de Galicia que veña a desconxestionar a planta de Sogama sita no concello de Cerceda.

Lembra que no pasado período de sesións o Grupo Parlamentario Socialista formulou distintas iniciativas parlamentarias cara a coñecer a situación exacta da nova planta de tratamento de lixo así como saber cal sería o modelo de xestión no tratamento de residuos, e se a mesma ía ser executada pola propia administración ou pola empresa citada, cuestións estas que a día de hoxe seguen sen desvelarse de xeito oficial.

Así as cousas afirma que recentemente os medios de comunicación recolleron, citando fontes da Consellería de Medio Ambiente, a inminente execución do proxecto de construcción da nova planta de residuos do sur de Galicia, por parte da empresa Estela Eólica, cun investimento de 287 millóns de euros. Mesmamente se desvelaba que a situación da planta se levaría a cabo nun concello ourensán limítrofe coa provincia de Pontevedra.

A idea que a empresa Estela Eólica ten exposto é construír unha incineradora coa que sacar rendemento eléctrico no tratamento (queima) do lixo, pretensión que segundo parece é a da propia Xunta de Galicia.

O deputado reclamou coñecer en que Concello se vai ubicar esta planta. Sinala que Ourense necesita emprego de calidade, e tamén vontade política para que este emprego se fixe na provincia.

Nese senso o parlamentario ourensán criticou o modelo que pretende impulsar a empresa Estela Eólica “non queremos outra Sogama en Ourense”, espetou.

E insistiu nas súas criticas sobre o modelo de contratación, e preguntou “como é posible que os medios comunicación sexan os portavoces da contratación da licitación dun servicio publico, sen previamente pasar por un concurso publico”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar