Os socialistas denuncian que a dirección da TVG opta por produción externa ao dobre de prezo que a produción propia

Os socialistas denuncian que a dirección da TVG opta por produción externa ao dobre de prezo que a produción propia

Os socialistas denuncian que a dirección da TVG opta por produción externa ao dobre de prezo que a produción propia

María Quintas advirte da desaparición de a lo menos cinco programas propios, mentres compran 1.345 horas de produción allea e contratan 387 de produción externa

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG advertiu hoxe que a dirección da TVG está a substituír a produción propia por contratar programas alleos ao dobre de prezo. Así o dixo no debate dunha pregunta nesta Comisión, na que advertiu que mentres o gasto en persoal reduciuse en 4,1 millóns de euros, o investimento en produción externa medrou en mais de 787.000 euros nos anos 2011 e 2012.

A deputada socialista sinalou que, nesta mesma etapa, a produción interna da canle galega descendeu en 1.043 horas, mentres a contratación de produción externa subiu en 387 horas e a compra de produción allea aumentou en 1.345 horas. Esta situación continúa en 2013, dixo, lembrando a desaparición de a lo menos cinco programas propios da programación de outono.

Quintas sinalou que estes programas, entre os que se inclúe Reporteiros, serán substituídos ben por produción externa ou ben por produción allea, e lembrou que mentres unha hora de emisión dun programa propio ten un custe medio de 4.552 euros, no caso das producións externas, o custe elévase até os 9.275 euros.

A responsable socialista defendeu a contratación de produtoras externas velando pola boa saúde do audiovisual galego, si ben advertiu que a xestión do ente galego provoca que a comparanza sexa nestes momentos “absolutamente desproporcionada”.

Secundou así as protestas do Comité de Empresa do ente público, que advertiu que “camiñamos cara unha situación na que só produciremos os servizos informativos”, nos que, advertiu a responsable socialista, “o control do goberno do PP, a manipulación indecente e as presións dos comisarios políticos do PP resultan un auténtico escándalo”.

Traballadores

Quintas denunciou a lentitude demostrada polo PP e a Xunta á hora de aplicar o Mandato Marco da CRTVG, paralizando a execución da Lei dos Medios Públicos de Comunicación de Galicia durante os últimos tres anos. Advertiu que o goberno galego “non ten ningún interese en aplicar a Lei”, o que contrasta coa “rapidez que están demostrando á hora de aplicar a Reforma Laboral do PP”.

Así o dixo aludindo á negociación do Convenio Colectivo do ente, no que queren aplicar esta norma degradando as condicións de traballo e facendo á poboación mais pobre e desigual. Esixiu a participación dos traballadores na toma de decisións sobre as normas laborais que lles afectan, o que supón “unha esixencia democrática do Estado de dereito”.

Quintas reclamoulle á dirección do ente público que “garanta a eficacia dun servizo público esencial” para “evitar que suceda o mesmo que en Madrid ou Valencia, onde foron degradando o servizo paulatinamente para que remate por ser ineficaz”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar