Os socialistas denuncian que a CRTVG incumpre a Lei e informa "sen obxectividade e con criterios partidistas"

Os socialistas denuncian que a CRTVG incumpre a Lei e informa "sen obxectividade e con criterios partidistas"

Os socialistas denuncian que a CRTVG incumpre a Lei e informa "sen obxectividade e con criterios partidistas"

A deputada socialista Carmen Acuña denunciou no Parlamento de Galicia que a CRTVG incumpre a lei que regula os medios públicos galegos e programa os espazos informativos “sen obxectividade e con criterios partidistas”.
En dúas preguntas orais en Comisión ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, Acuña lamentou que “os informativos da Televisión de Galicia non informan, utilizan a información e deixan a un lado a pluralidade”.
En concreto, a deputada socialista lembrou a nula ou escasa cobertura dos medios públicos con respecto aos problemas de deputados do PP de Galicia ou o incidente de Esperanza Aguirre na Gran Vía de Madrid. “O día que saltou o último escándalo no Concello de Santiago, a información destes feitos ocupou o sétimo lugar no informativo”, dixo.
Na segunda pregunta, Acuña asegurou que a Xunta do PP incumpre os principios recollidos no artigo 16 da Lei 9/1984, de creación da CRTVG: “O texto recolle a necesidade de que os medios públicos informen, entre outras cousas, con pluralidade e obxectividade”.
A deputada socialista criticou que a CRTVG non cubrira a manifestación en defensa da Sanidade Pública de Monforte, ou que a única noticia do ano no Courel fixera referencia á Igrexa, “mentres si lle deron cobertura a un tema de menor importancia como a denuncia dun concelleiro do PP en Corcubión”.
Nas súas respostas, o director xeral da compañía negou que as xefaturas de informativos beneficien ao partido que sustenta o Goberno, sen concretar cales son os criterios polos que elixen unhas noticias e a outras non lle dan cobertura nos medios públicos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar