Os socialistas denuncian os retrasos e a redución das axudas públicas para a rehabilitación, rexeneración e aluguer de vivendas

Os socialistas denuncian os retrasos e a redución das axudas públicas para a rehabilitación, rexeneración e aluguer de vivendas

Os socialistas denuncian os retrasos e a redución das axudas públicas para a rehabilitación, rexeneración e aluguer de vivendas

“O plan estatal 2013-2016 aprobouse en abril do ano pasado e aínda non se firmaron os convenios coas comunidades autónomas”, asegurou Xosé Sánchez Bugallo

A Xunta demandará a Fomento, grazas a unha iniciativa do PSdeG, máis celeridade na concesión das axudas

O deputado do Grupo Parlamentario Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, denunciou hoxe na Cámara a redución e paralización das políticas en materia de vivenda da Xunta do Partido Popular.

Bugallo explicou, na Comisión de Ordenación Territorial, que as partidas da Xunta para vivenda caeron desde os 200 aos 21 millóns de euros desde o ano 2009. “Ademais, o 5 de abril do ano pasado aprobouse o Plan Estatal de Vivenda 2013-2016 e aínda non se firmaron os convenios coas comunidades autónomas”, manifestou o deputado socialista.

O PSdeG, nunha proposición non de Lei que contou co apoio do resto dos grupos, levou á Comisión unha iniciativa para instar á Xunta de Galicia a demandar ao Ministerio de Fomento a sinatura inmediata “dos acordos para axudas no marco do Plan Estatal de Vivenda 2013-2016”.

Bugallo fixo tamén referencia ao Decreto autonómico 18/2014, do pasado 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento 2013-2016.

“O decreto autonómico recolle a intención de manter as ARIS, incluso se poderán declarar novas ARIS, pero non concreta contías de subvencións nin de número de actuacións; este documento carece de aplicación directa, non ten datos de contías e necesita de ordes ou decretos autonómicos que fixen contías de axuda e ámbitos de aplicación”, afirmou.

“Con respecto a poder acadar axudas estatais, aínda non hai acordo co ministerio no que se fixen os obxectivos para Galicia e deberán aprobarse as ordes de Fomento dos programas que no plan estatal se definen”, apuntou.

“Ante o absurdo desta situación de inconcreción para cidadáns e concellos, esiximos que a Xunta de Galicia reaccione de xeito inmediato e demande de forma contundente a firma dos convenios correspondentes”, engadiu Bugallo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar