Os socialistas denuncian o posible uso do vehículo oficial para asuntos persoais por parte do comisario xefe da Unidade da Policía Nacional Adscrita a Galicia

Os socialistas denuncian o posible uso do vehículo oficial para asuntos persoais por parte do comisario xefe da Unidade da Policía Nacional Adscrita a Galicia

Os socialistas denuncian o posible uso do vehículo oficial para asuntos persoais por parte do comisario xefe da Unidade da Policía Nacional Adscrita a Galicia

Marisol SoneiraOs socialistas galegos denuncian o posible uso do vehículo oficial para asuntos persoais por parte do comisario xefe da Unidade da Policía Nacional adscrita a Galicia.
“Hai unhas normas relativas á flota automobilística policial que, ao noso xuízo, están sendo vulneradas polo comisario xefe da UPA en Galicia”, asegura Marisol Soneira. O PSdeG rexistrou unha pregunta oral no Parlamento para que a Xunta de Feijóo ofreza explicacións sobre este tema en comisión e no pleno.
A Unidade Adscrita da Policía Nacional, tal e como recolle un acordo entre o Ministerio do Interior e a Xunta, recibe ordes e directrices das autoridades competentes do Goberno galego, diante das que rende contas da súa actuación.
“Hai un uso irregular do vehículo polas informacións que nos chegan, tanto por organizacións sindicais policiais como por outros colectivos, e tamén polas novas publicadas nos medios de comunicación nos últimos días”, afirma a deputada socialista.
“Os datos relativos á utilización de vehículo oficial, por parte do comisario xefe da UPA, a tempo completo e incluso fóra do territorio da comunidade autónoma, apuntan a una clara irregularidade, ademáis de atentar contra a racionalización, aforro, optimización e exemplaridade na utilización dos recursos públicos”, engade Soneira, polo que esixe una aclaración inmediata por parte da Xunta.
No texto da pregunta, os socialistas demandan datos do consumo de combustible do vehículo, o gasto nas peaxes de autopista ou en tarefas de reparación e mantemento. No caso de que exista una autorización ao comisario xefe para a utilización do vehículo oficial fóra da súa xornada laboral, o PSdeG quere saber “cales son as razóns de servizo que aconsellan esta autorización”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar