Os socialistas denuncian o obscurantismo da Xunta na tramitación da Cidade Verde de Guitiriz

Os socialistas denuncian o obscurantismo da Xunta na tramitación da Cidade Verde de Guitiriz

Os socialistas denuncian o obscurantismo da Xunta na tramitación da Cidade Verde de Guitiriz

Os parlamentarios socialistas, Beatriz Sestayo e Ismael Rego, veñen de presentar unha serie de iniciativas encamiñadas a coñecer a situación en que se atopa o Plan sectorial de interese supramunicipal denominado Cidade Verde de Guitiriz.

Este proxecto pretende crear unha nova zona urbana asistencial e residencial exclusivamente para maiores e que, a xuízo dos socialistas, pon en evidencia a intención da Xunta de crear guetos de poboación en función da súa idade e capacidade económica, contravindo as recomendacións dos organismos internacionais de ámbito sociosanitario.

Os socialistas denuncian o “obscurantismo” con que o Goberno de Núñez Feijóo está a xestionar este plan sectorial, en comparación con outros. Así, Ismael Rego, recrimina ao Executivo galego que non o tivera incluído na referencia do Consello cando o aprobaron, no mes de agosto, a pesares de alcanzar un investimento de 134 millóns de euros. Para o portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo Socialista, existe un evidente interese da Xunta porque non se fale deste asunto, idea que reforza a actitude do alcalde de Allariz, que responde con evasivas cando se lle pregunta sobre o plan sectorial.

O parlamentario Rego González, fixo fincapé en que o desenvolvemento do plan Cidade Verde de Guitiriz pretende consolidar un novo núcleo urbano sobre máis de 1.700.000 metros cadrados “nun descampado”, solo rústico de reserva forestal, “á marxe das Directrices de Ordenación do Territorio e do propio plan de urbanismo do concello”, dixo. Acusa o deputado socialista ao goberno de Feijóo de actuar “respecto ao urbanismo de Galicia respondendo a ocorrencias, a necesidades creadas por legalidades urbanísticas, como en Barreiros, ou en resposta a algún interese privado ou particular”,

Por esta razón o PSdeG-PSOE esixe coñecer os intereses do Goberno no desenvolvemento deste plan, pois, indica Rego, a propia memoria do proxecto contempla a creación de 1.100 a 1.200 prazas concertadas para maiores asistidos, que estarían rodeadas de 900 adosados para maiores que quixeran trasladarse a unha auténtica cidade con cines, salóns de baile, oficinas bancarias, etc. Unha serie de servizos, das que poderían gozar os maiores con capacidade económica para trasladarse a este “gueto xeriátrico”.

Neste sentido, a portavoz de Servizos Sociais, Beatriz Sestayo, afirmou que o Plan da Cidade Verde de Guitiriz non só contradí as recomendacións dos organismos internacionais sociosanitarios, que recomendan manter aos maiores no seu entorno social, senón que é máis grave que a contradición respecto á política da consellería de Traballo, que negaba a existencia de demanda de prazas concertadas en Galicia.

Beatriz Sestayo recrimina á conselleira Mato que tivera negado a colaboración da Xunta para o concerto das prazas de asistencia a maiores creadas pola Deputación de Lugo aludindo a que non existe demanda en Galicia.

A deputada socialista reprocha á titular de Servizos Sociais que, cando desde que chegou Feijóo á Xunta se incrementaron nun 40% as listas de espera asistenciais e se rexistra o maior déficit de prazas públicas en residencias a conselleira se negue a atender as demandas do Presidente Gómez Besteiro e mentres impulsa a creación no medio da nada dun macrocomplexo con prazas, “iso si, para quen poda pagalas”, estimando entre os 2.000 e 3.000 euros o coste aproximado das que se ofertan na Cidade Verde de Guitiriz.

Beatriz Sestayo coincide con Rego en que “tamén en materia social os populares están a facer unha política á carta”, e pregúntase “cómo se explica que non se concedan prazas públicas e si se gasten millóns de euros en prazas privadas relegadas a un sector privilexiado da sociedade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar