Os socialistas denuncian o incumprimento da lei Paz Andrade e ineficiencia da Xunta ao impulsar as relacións coa lusofonía.

Os socialistas denuncian o incumprimento da lei Paz Andrade e ineficiencia da Xunta ao impulsar as relacións coa lusofonía.

Os socialistas denuncian o incumprimento da lei Paz Andrade e ineficiencia da Xunta ao impulsar as relacións coa lusofonía.

Concepción Burgo acusa ao Goberno galego de “falta de vontade política para implantar esta lei”, e lembra o incumprimento da obriga de emitir o informe anual

Santiago de Compostela, 16 de Xuño de 16. A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou á Xunta de incumprir a Lei Paz Andrade, desaproveitando a oportunidade de impulsar as relacións de Galicia co mundo da lusofonía. Así o dixo na comparecencia do secretario xeral de Política Lingüística na Comisión de Cultura celebrada hoxe no Parlamento.

A deputada socialista acusou ao goberno de incumprir o compromiso de remitir ao Parlamento o informe escrito obrigatorio sobre a execución da Lei por segundo ano consecutivo “cando dixo ata seis veces que se mandaría anualmente”. Sinalou que ”non se pode incumprir a lei, xa que se bloquea a nosa capacidade de controlar o Goberno: estanos a mentir”, concluíu.

A deputada socialista advertiu que “o Goberno galego non está facendo nada no referente a lei Paz Andrade”, baseada no aproveitamento da lingua portuguesa e o establecemento de vínculos coa lusofonía debido ao achegamento deste bloque lingüístico.

Explicou que a lei marca que a relación de Galicia cos países de fala portuguesa é un obxectivo prioritario, pero o Goberno de Feijóo “non está facendo nada para aumentar as relacións nos eidos económico, social e industrial”. Esta situación leva a “perder grandes oportunidades para o noso país cunha comunidade que suma máis de 250 millóns de persoas que manteñen importantes relacións turísticas e culturais con Galicia”.

Ensino

Explicou que “tan só sesenta centros de ensino galegos contan co portugués coma segunda lingua, isto representa só o 4 por cento dos centros”. Burgo engadiu que “estas medidas pequenas non poden ser percibidas como grandes logros do goberno galego neste eido” e lembrou que “en Estremadura, sen embargo, ata once mil alumnos cursaron o galego”.

Concluíu que “a Xunta tampouco falou con ningún centro educativo para informar acerca de cómo solicitar o portugués como segunda lingua”, o cal amosa que “non hai vontade política para implantar a lei.

Explicou que a Lei “vai moito máis alá do eido educativo”, polo que “cumpre a creación dun organismo que poda asumir a coordinación das accións relacionadas co impulso das relacións coa lusofonía nos eidos da industria, a economía, o ensino, a política lingüística e as relacións exteriores”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar