Os socialistas denuncian “o enésimo fiasco” de Núñez Feijóo co sector lácteo galego, que sufre “a crise máis grave nos últimos 50 anos”

Os socialistas denuncian “o enésimo fiasco” de Núñez Feijóo co sector lácteo galego, que sufre “a crise máis grave nos últimos 50 anos”

Os socialistas denuncian “o enésimo fiasco” de Núñez Feijóo co sector lácteo galego, que sufre “a crise máis grave nos últimos 50 anos”

Pablo García Lalín lácteoOs socialistas galegos criticaron hoxe “o enésimo fiasco” do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “co sector lácteo”, que sufre “a crise máis grave dos últimos 50 anos, desde que o sector funciona como tal, e non falamos dunha frase feita, o sabemos todos menos Feijóo”.

Nunha rolda de prensa celebrada na sede do PSdeG, a secretaria de Organización dos socialistas galegos, Pilar Cancela, lembrou que “o luns, todos os nosos alcaldes e alcaldesas das zonas afectadas polo problema lácteo participaron en Santiago na reunión para a constitución da plataforma en defensa do sector”.

“O noso secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, mandou unha carta a todos os nosos alcaldes e voceiros para ter unha implicación máxima neste tema, e todos os nosos cargos institucionais están ao servizo dos produtores, mobilizaremos á nosa militancia para a manifestación do día 17”, manifestou.

En opinión de Cancela, “estamos ante un tema de país e Feijóo non é quen de liderar unha solución, predixo a estabilidade dos prezos do leite e dicía que tiña contactos para intermediar, pero non obtivo ningún tipo de resultado; esixímoslle que se poña ao fronte desta reclamación xusta e urxente, esiximos que cumpra o papel que lle corresponde”.

Pola súa parte, o portavoz de Agricultura do Grupo Socialista na Cámara galega, Pablo García, falou de “encrucillada e tormenta perfecta, un fracaso político e un problema de Galicia, temos leite sen recoller e o ministerio non vai vir a solucionar o problema, que é político, non económico nin de mercado”.

“Despois dun ano pedindo unha actuación por parte da Xunta, agora falan de convocar unha mesa con produtores, industrias e a distribución para fixar un plan estratéxico”, afirmou García, que lamenta “a inacción e o retraso do Goberno cando xa en 24 granxas de Rodeiro a leite quedou sen recoller”.

“A conselleira está inhabilitada para buscar unha solución, estamos ante o problema máis importante do sector primario galego e a Xunta tiña marxe cando se aprobou o paquete lácteo, pero non fixeron caso e desprezaron un sector estratéxico”, apuntou.

“Os gandeiros necesitan un prezo que lle cubra os custos”, engadiu o deputado socialista, que responsabilizou ao goberno galego de ter afrontado a desaparición do sistema de cotas lácteas sen aplicar as medidas do “paquete lácteo” recomendadas por Bruxelas, incluso agravando a situación provocando a perda de cabezas de gando baixo a “ameaza ficticia” dunha multa por supertaxa e deixando de defender aos gandeiros fronte aos abusos da industria, coa imposición de prezos por debaixo do custe de produción.

O responsable socialista insistiu a preguntas dos medios de comunicación na súa “sorpresa” polas declaracións do vicepresidente da Xunta chamando agora a un encontro entre a Xunta e o sector lácteo. García repetiu que “celebramos este cambio de postura” pero lembrou que “levamos todo o ano un encontro do goberno galego cos produtores lácteos, unha proposta que o PP vetou reiteradamente no Parlamento para amparar a negativa pechada da conselleira”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar