Os socialistas denuncian o desmantelamento e privatización da axuda á dependencia por parte de Feijóo

Os socialistas denuncian o desmantelamento e privatización da axuda á dependencia por parte de Feijóo

Os socialistas denuncian o desmantelamento e privatización da axuda á dependencia por parte de Feijóo

Carmen Gallego advirte que a Xunta quere substituír dereitos por caridade “para volver ás prestacións asistenciais en asilos, como aparcadoiros de pacientes

Acusa á Xunta de “aforrar a costa dos dependentes”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou hoxe o desmantelamento da Lei da Dependencia por parte da Xunta, abocándoa á súa privatización seguindo a mesma folla de ruta que en sanidade e educación. Gallego presentou unha interpelación no Pleno de hoxe na que denunciou que Galicia ten menos beneficiarios da dependencia por debaixo da media estatal “a pesares de ser a Comunidade Autónoma mais envellecida do Estado”.

A deputada socialista denunciou que o PP está desmantelando a Lei de Dependencia “baleirando o seu cumprimento”, a seguen a folla de ruta do resto dos servizos públicos incrementando primeiro o seu custe a través de copagos para os usuarios, e a continuación empeorando os servizos para, finalmente, privatizar as prestacións mais rendibles.

O itinerario de Feijóo e do PP, explicou, remata troceando a carteira de servizos, co que “vemos cómo manteñen centros de día construídos e pechados dende 2009 pero lle conceden 11 millóns de euros a unha residencia privada no concello lugués de Bóveda”. A conclusión, dixo, é que provocan “mais custe para os usuarios mentres non hai prazas públicas pero si diñeiro para financiar ás privadas”.

Acusou ao goberno galego de querer “aforrar a costa dos dependentes”, xa que, sinalou, a conselleira foi incapaz de desmentir que vaian recortar prestacións a través das novas avaliacións previstas sobre as persoas coa prestación xa recoñecida.

Dixo que Feijóo quere cambiar os dereitos sociais por “caridade” para establecer un sistema de prestacións asistenciais “mais propio do século pasado”, no que os que teñan cartos se paguen a prestación privada mentres manteñen ao resto dos dependentes agrupados en asilos que funcionen mais como “aparcadoiros de pacientes”.

Axudas

Advertiu que mais de 18.000 galegos e galegas dependentes non perciben axudas a día de hoxe pese a telas recoñecidas, un 31,86 por cento fronte ao 20 por cento do Estado “pola desidia do goberno de Feijóo”, que provoca que só Murcia e Canarias teñan peores datos que Galicia.

Esta Comunidade Autónoma é ademais unha das autonomías con menor nivel de dependentes, con 56.000 beneficiarios –un 2,98 por cento da poboación, fronte ao 3,49 de media estatal-, co que 23.800 quedan fora do sistema da dependencia, un 6,8 por cento menos que en 2012.

Dixo que a Xunta négalle o dereito ás prestacións ao 30 por cento das solicitudes presentadas. Ademais, mais de 18.000 persoas coa prestación concedida non a perciben por decisión do goberno galego.

Menos esforzo

Carmen Gallego advertiu que a Xunta fai menos esforzo que o resto do Estado á hora de atender aos dependentes. Así, explicou, a media de gasto público por persoa dependente atendida en Galicia é de 6.515 euros, por debaixo dos 6.979 de media do Estado, “e moi por debaixo doutras autonomías do norte con semellante distribución demográfica, que chegan aos 8.057 euros.

Ademais, o gasto en dependencia é de 91,92 euros por habitante ao ano, a metade que en Cantabria e un 16 por cento menos que no conxunto do Estado “sen ter en conta o envellecemento nin a dispersión territorial.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar