Os socialistas denuncian o control político da Televisión de Galicia e a ausencia de “pluralidade crítica” nos servizos informativos

Os socialistas denuncian o control político da Televisión de Galicia e a ausencia de “pluralidade crítica” nos servizos informativos

Os socialistas denuncian o control político da Televisión de Galicia e a ausencia de “pluralidade crítica” nos servizos informativos

crtvgOs socialistas galegos lamentaron hoxe a ausencia de “dinamismo e pluralidade crítica” nos servizos informativos da Televisión de Galicia, derivada do control político dos medios públicos por parte do Partido Popular.

En resposta a unha comparecencia en comisión do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, para presentar o informe de xestión do medio público no ano 2014, a deputada socialista María Quintas denunciou unha vez máis que “os telexornais agochan as siglas cando hai un caso de corrupción que afecta ao Partido Popular”.

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG acusou ao director xeral do ente de ofrecer “información sesgada e cómplice coas directrices” marcadas polo gabinete do presidente da Xunta con relación aos casos de corrupción do PP e do goberno galego.

“O control político marcado polo presidente da Xunta a este ente o ten convertido nun medio decadente ao servizo do goberno, que nin informa, nin entretén nin é competitivo”, engadiu, “volvendo aos peores tempos da manipulación informativa”.

Os socialistas denuncian tamén que o PP non demostra ningún interese en cumprir coa Lei dos Medios Públicos de Comunicación, aprobada a finais de 2011. Demóstrase mais interesado, engadiu Quintas, en “deixala morrer pouco a pouco e reducila á mínima expresión”.

O resultado desta manipulación e a constante perda de calidade na súa programación ten provocado a caída da audiencia dende o 15,5% acadado en 2008 a tan só o 10%. Mentres, diminúen os seus ingresos por publicidade, reducen a produción propia e encetan un ERE encuberto deixando sen cubrir as xubilacións de persoal e reducindo as contratacións.

Na mesma comisión, a deputada socialista Concepción Burgo denunciou “a censura” nos telexornais das manifestacións do pasado 1 de maio, “obviando a presenza nas mobilizacións do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e outros cargos do partido”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar