Os socialistas denuncian o atraso acumulado na tramitación de máis de 13.000 expedientes, causando un grave quebranto da economía dos parados

Os socialistas denuncian o atraso acumulado na tramitación de máis de 13.000 expedientes, causando un grave quebranto da economía dos parados

Os socialistas denuncian o atraso acumulado na tramitación de máis de 13.000 expedientes, causando un grave quebranto da economía dos parados

María Quintas, portavoz de Emprego demandou que a Xunta presione ao Goberno para evitar que os parados tarden ata tres anos en cobrar as súas indemnizacións

A deputada socialista denunciou que a decisión do Executivo de non reforzar o FOGASA e optar pola privatización en parte do servizo engade ao atraso no cobro a incerteza sobre o progreso dos expedientes

Agradeceu á conselleira Mato que recoñecera, na resposta á pregunta en Pleno, que o paro ascendera desde 2008 de xeito exponencial, sendo Galicia unha das primeiras comunidades en xeración de desemprego

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, ven de denunciar ante o Pleno do Parlamento de Galicia os atrasos nos pagos aos traballadores e traballadoras do Fondo de Garantía Salarial en Galicia (FOGASA) nunha pregunta ao Goberno sobre as medidas de presión sobre o Estado para evitalos.

O FOGASA ten máis de 13.000 expedientes de pago pendentes na nosa comunidade. Isto supón “un grave quebranto para a economía dos traballadores e traballadoras pendentes de recibir indemnizacións por despedimento que proveñen deste fondo”, expuxo Quintas.

O FOGASA ten como principal función o pago aos asalariados de parte das nóminas e das indemnizacións que as empresas non lles abonan por atoparse en situación de insolvencia ou en concurso de acredores. Os afectados por esta situación aumentaron de xeito significativo desde o inicio da crise económica.

María Quintas lembrou que en 2008, o FOGASA tiña 323 traballadores para atender 59019 expedientes, en 2013, 359 traballadores atendían 212.167.

Este aumento de solicitudes ten provocado que en varias unidades provinciais do organismo en Galicia se viñeran acumulando un número excesivo de expedientes.

A parlamentaria socialista recriminou ao Goberno a externalización de parte da xestión dos expedientes, o que provocou situacións de inxustiza e discriminación entre as persoas que deberan percibir os pagos. Reprochoulle ao Executivo que ademais o fixera a través dunha encomenda de xestión, sen concurso público, á empresa Tragsatec. Como consecuencia, “os traballadores engaden á demora no cobro das indemnizacións a ausencia de información sobre os seus expedientes”, acusou.

María Quintas elevou ao Pleno a denuncia dos empregados, que “vense incapacitados para asistir a todas as vistas xudiciais para verificar se as empresas son insolventes”. Os funcionarios xudiciais cifran nun 10% dos casos a presenza efectiva do FOGASA. “Isto contrasta coa obriga de ampararaos administrados e engade indefensión aos traballadores”, apuntou a responsable de Emprego do Grupo Socialista.

Quintas agradeceu á conselleira que aínda que fora para xustificas a privatización parcial do FOGASA recoñecera ao “aumento desmedido do paro”. “Galicia multiplicou por cinco o seu paro desde 2008, e é unha das primeiras comunidades en creación de desemprego”.

A deputada socialista esixiu unha posición máis contundente co Goberno do Estado, “non é suficiente con pedir información”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar