Os socialistas denuncian o atraso acumulado na tramitación de máis 13.000 expedientes, causando un grave quebranto das economías dos parados

Os socialistas denuncian o atraso acumulado na tramitación de máis 13.000 expedientes, causando un grave quebranto das economías dos parados

Os socialistas denuncian o atraso acumulado na tramitación de máis 13.000 expedientes, causando un grave quebranto das economías dos parados

María Quintas, portavoz de Emprego presentou unha serie de preguntas parlamentarias á Xunta para coñecer a posición do Goberno sobre as consecuencias da crise e da externalización da tramitación, causas dos atrasos de ata 16 meses no cobro de nóminas e indemnizacións

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, ven de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias encamiñadas a coñecer se a Xunta é coñecedora dos atrasos nos pagos aos traballadores e traballadoras do Fondo de Garantía Salarial en Galicia así como a súa posición ao respecto.

O FOGASA ten máis de 13.000 expedientes de pago pendentes na nosa comunidade. Isto supón “un grave quebranto para a economía dos traballadores e traballadoras pendentes de recibir indemnizacións por despedimento que proveñen deste fondo.

O FOGASA ten como principal función o pago aos asalariados de parte das nóminas e das indemnizacións que as empresas non lles abonan por atoparse en situación de insolvencia ou en concurso de acredores. Os afectados por esta situación aumentaron de xeito significativo desde o inicio da crise económica.

Este aumento de solicitudes ten provocado que en varias unidades provinciais do organismo en Galicia se viñeran acumulando un número excesivo de expedientes. Os sindicatos recoñecen a incidencia da crise, pero denuncian que a externalización de parte da xestión dos expedientes, o que provocou situacións de inxustiza e discriminación entre as persoas que deberan percibir os pagos.

A centrais sindicais, que convocaron recentemente concentracións de protesta contra a externalización e esixindo o reforzo da plantilla do FOGASA, advirten que, dos seis a nove meses de máximo de espera para o cobro das cantidades, se están a producir atrasos nos trámites dos expedientes de ata 16 meses.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar