Os socialistas denuncian como insuficientes as actuacións da Xunta no CEP Altamira

Os socialistas denuncian como insuficientes as actuacións da Xunta no CEP Altamira

Os socialistas denuncian como insuficientes as actuacións da Xunta no CEP Altamira

Luis Álvarez demanda que o CEP Altamira de Salceda de Caselas atópase ante un problema serio, máxime tendo en conta o crecemento da poboación infantil

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luís Álvarez, presentou unha pregunta na Comisión de Educación na que sinalou que as medidas da Xunta para paliar as deficiencias do CEP Altamira de Salceda de Caselas “son insuficientes e non resolverán os problemas”.

 

Luis Álvarez comparou as sucesivas actuacións que está a facer a Xunta neste centro co “día da marmota” dende o punto de vista da planificación. Así, trasladou que “a pregunta que traemos os socialistas ten que ver co que pretende facer a Xunta no CEP Altamira”. O deputado expuxo que “incrementar nunha planta o edificio de administración é insuficiente, xa que supón catro aulas máis”.

 

Álvarez puxo enriba da mesa que “as cifras do IGE poñen de manifesto que neste curso escolar hai no concello máis de 700 nenas e nenos en idades de educación primaria” e o colexio “viuse ante a necesidade de aumentar as aulas sen ampliar o edificio”. Isto supón “perder espazos que se dedicaban a outras actividades docentes”.

 

Do mesmo xeito, Luis Álvarez trasladou a preocupación polo comedor escolar. Expuxo que a solución para o comedor “é aínda máis rocambolesca”, tratándose de deixar nun futuro os contedores provisionais que acollerán os servizos administrativos para utilizalos como comedor. Ante o cal, tamén afirmou que “vai quedar cas mesmas prazas e non vai resolver o problema”.

 

Porén, Luis Álvarez preguntou se a Xunta considera suficientes estas medidas para paliar as carencias deste centro, se se contemplan actuacións posteriores de carácter inmediato que resolvan os problemas, se a Xunta considera a posibilidade de que o servizo de comedor se preste en contedores e a posibilidade de construír outro novo centro no concello.X

Sgonzalez

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar