A Xunta leva escolares no tren turístico a visitar as obras da Minivía da Costa da Morte

A Xunta leva escolares no tren turístico a visitar as obras da Minivía da Costa da Morte

A Xunta leva escolares no tren turístico a visitar as obras da Minivía da Costa da Morte

Marisol Soneira pregunta no Parlamento polo obxectivo e os supostos criterios pedagóxicos de pasear a decenas de escolares polas obras

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 16. A deputada socialista Marisol Soneira vén de denunciar no Parlamento a “imprudencia” da Xunta ao levar a escolares no tren turístico a visitar as obras da minivía da Costa da Morte. Sinala que “non deixa de sorprender que as inmediacións das infraestruturas inacabadas da minivía da Costa da Morte acollan viaxes en tren turístico para o alumnado dos centros escolares da zona.

A deputada da Costa da Morte explica que “as obras non se atopan rematadas, polo que non hai autorización para circular por elas nin tampouco se teñen entregado os itinerarios á Administración”. Advirte que “nas inmediacións segue operando maquinaria pesada e obreiros sometidos a grandes presións para rematar a infraestrutura antes das eleccións autonómicas”.

Sinala que “resulta sorprendente que esta curiosa iniciativa forme parte dun proxecto educativo ou como medida pedagóxica, xa que son escasas as condicións de seguridade á que se somete a este alumnado”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar