Os socialistas denuncian “dificultades e improvisación no inicio do curso” e presentan sete medidas “en positivo para mellorar o sistema educativo”

Os socialistas denuncian “dificultades e improvisación no inicio do curso” e presentan sete medidas “en positivo para mellorar o sistema educativo”

Os socialistas denuncian “dificultades e improvisación no inicio do curso” e presentan sete medidas “en positivo para mellorar o sistema educativo”

Docasar Pleno3Os socialistas galegos denunciaron hoxe no pleno de Parlamento “dificultades, premura, falta de recursos e improvisación no inicio do curso” e presentaron sete medidas “en positivo para mellorar o sistema educativo”.

Nunha proposición non de lei rexeitada polo PPdeG, o portavoz de Educación do PSdeG, Vicente Docasar, afirmou que “agora que somos a Alemania do sur, segundo dixo Rajoy na súa visita a Berlín diante de Ángela merkel, demandamos entre outras cousas a reposición das condicións laborais do colectivo docente”.

“Está en marcha o segundo curso da Lomce cos mesmos defectos que xa denunciamos o curso anterior por estas mesmas datas: premura, improvisación e falta de recursos en moitos centros galegos, e aí están para demostrar o que digo as numerosas queixas de Anpas, profesores, equipos directivos e sindicatos”, apuntou.

As sete medidas presentadas polo deputado socialista recollen “a reposición das condicións laborais e profesionais perdidas polo colectivo docente, que se repoñan as plantillas que foron recortadas convocando unha oferta pública de emprego potente en 2016, e melloras nas instalacións que foron quedando obsoletas pola falta dun mantemento axeitado”.

“É necesario por outra parte a reposición dos equipamentos didácticos e fundamentalmente do material informático, póñanse mans á obra para eliminar a fenda dixital existente entre centros, garantan que ningún neno ou nena vaia a clase sen libros de texto e, finalmente, doten cos recursos necesarios aos centros educativos que implantaron a FP básica e non recibiron nin un só euro durante o curso 2014-2015”, engadiu.
O representante do PSdeG puxo como exemplo de improvisación na implantación da Lomce “o conflito xerado coa relixión en moitos institutos de Galicia, como no IES A Sangriña da Guarda, onde 16 alumnos víronse obrigados de facto a coller relixión”.

Carencias
“O sistema de libros de texto é unha chapuza, hai carencias de persoal de apoio para nenos e nenas con necesidades educativas especiais e criticamos a implantación apresurada dos decretos de Secundaria e Bacharelato, que ten dificultado moito a elaboración dos horarios e das matriculacións nos centros”, explicou Docasar.

“Vostedes saben que os recortes producidos no sistema educativo galego dende 2009 teñen producido consecuencias que vostedes sempre intentaron obviar, e mesmo agochar con ese máxico mantra de que era posible facer máis con menos”, engadiu.

En opinión do portavoz socialista, “se chegou a recuperación á nosa economía, é hora tamén de que esa recuperación vaia chegando paulatinamente ao sistema educativo galego, un bo momento para facelo é xustamente agora que estamos a piques de debatir neste Parlamento os orzamentos de 2016”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar