Os socialistas denuncian “cinismo e hipocrisía política” de Feijóo ao “presumir de moderado” cando foi o primeiro en lexislar contra o aborto

Os socialistas denuncian “cinismo e hipocrisía política” de Feijóo ao “presumir de moderado” cando foi o primeiro en lexislar contra o aborto

Os socialistas denuncian “cinismo e hipocrisía política” de Feijóo ao “presumir de moderado” cando foi o primeiro en lexislar contra o aborto

Carmen Acuña considera “intolerable” a postura do presidente da Xunta logo de ter votado “contra as peticións das mulleres” e aumentado as subvencións das organizacións pro – vida

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou hoxe o “cinismo e hipocresía política intolerable” amosado por Feijóo ao “presumir de moderado” sobre a Lei contra o Aborto. A deputada socialista lembrou que foi o primeiro presidente autonómico en lexislar en contra do aborto aprobando a Lei de Apoio a Muller Embarazada.

A responsable socialista reclamou o mantemento da Lei da Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo, que “respecta as decisións das mulleres” mentres a normativa do PP “pretende na práctica obrigalas”a ser nais. Sinalou que a nova Lei establece “supostos imposibles e trámites interminables” para impedir tódolos abortos mentres as mulleres pasan “o tempo entre consultas”.

Carmen Acuña lembrou que o PP mesmo “votou en contra da petición da Plataforma en Defensa do Dereito a Decidir de non modificar a lei actual”, mesmo expulsando do hemiciclo ás integrantes da plataforma. Advertiu que a “hipocrisía” de Feijóo chega a que reclamara volver ao consenso da Lei de 1985 “cando a realidade é que o partido orixinario do PP, Alianza Popular, votou en contra” daquela Lei.

Acusou a Feijóo de non ter “movido un dedo” para aplicar a Lei socialista, aínda en vigor, ao tempo que “ataca aos Centros de Orientación Familiar, os Centros de Información á Muller ou os Centros Quérote” retirándolles axudas públicas que lle entrega ás asociacións Pro Vida, que recibiron 880.976 euros do Fondo Social Europeo ata 2013.

Carmen Acuña reclamoulle ao presidente galego que escoite o consenso cidadán en contra da reforma, as voces de toda a UE que están aplicando leis de prazos para a interrupción do embarazo, e o “consenso nos países civilizados sobre o feito de que non se trata dun debate sobre o aborto, senón sobre o dereito da muller”.

Muller rica, muller pobre

A deputada socialista apelou ao “consenso en contra dunha reforma que nos sitúa no século pasado” ao “diferenciar entre mulleres ricas que se poden pagar unha clínica en Portugal ou calquera país estranxeiro e mulleres pobres que non poden”. Criticou a “miopía” do presidente galego que “só coñece das mulleres que poden financiarse unha operación nunha clínica privada, pero non ve as que non poden”.

Acusou ao PP de impoñer a “doutrina Sor María”, provocando que “as mulleres pobres teñan fillos para dárllelos ás familias ricas” e anunciou que os socialistas “vamos loitar ao lado das organizacións feministas en defensa da liberdade das mulleres”. Ademais, confirmou o apoio do PSdeG ás mobilizacións que anunciará mañá a Plataforma Galega a favor do Dereito a Decidir.

Copago

Carmen Acuña tamén apoiou as mobilizacións convocadas hoxe en contra do copago de medicamentos da farmacia hospitalaria e instou a Feijóo a aclarar “si Galicia vai ser a única Comunidade Autónoma en aplicar o copago mais miserable e mesquiño, ademais de inútil e innecesario”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar