Os socialistas denuncian as “políticas discriminatorias do PP” cos inmigrantes e traballarán polos dereitos dos cidadáns de orixe latino que residen en Galicia

Os socialistas denuncian as “políticas discriminatorias do PP” cos inmigrantes e traballarán polos dereitos dos cidadáns de orixe latino que residen en Galicia

Os socialistas denuncian as “políticas discriminatorias do PP” cos inmigrantes e traballarán polos dereitos dos cidadáns de orixe latino que residen en Galicia

16346107072_50b4472250_zOs socialistas galegos presentaron hoxe en Santiago o Grupo Latino do PSdeG, unha iniciativa que nace co obxectivo de contactar e traballar polos dereitos “dos numerosos cidadáns de orixe latinoamericano que residen en Galicia”.

Iván Puentes, secretario de Dereitos Cidadáns e Movementos Sociais do PSdeG, e Mónica González, coordinadora Federal de ‘Latinos Socialistas’, presentaron en rolda de prensa o grupo de traballo. “Falamos dun colectivo importante en Galicia e que carece da visibilidade social que merece”, manifestou Puentes, que anunciou tamén a posta en marcha a curto prazo de novos grupos de traballo dirixidos a cidadáns doutras procedencias.

“Queremos unha igualdade real de dereitos e deixar atrás a discriminación e os recurtes do PP cos inmigrantes en temas como a sanidade e a educación, hai moito traballo e ilusión por diante”, afirmou, amosando a intención dos socialistas de que o grupo “sexa un referente da poboación latina”.

Pola súa parte, Mónica González considerou que “estamos nunha sociedade diversa e desde o PSOE federal estamos apostando por representar esta diversidade en todos os ámbitos do partido, seguindo as indicacións do noso secretario xeral, Pedro Sánchez”.

“En Galicia, Feijóo é un alumno aventaxado de Rajoy nos recurtes de dereitos á inmigracion, como pasou coa tarxeta sanitaria, e o que pretendemos con iniciativas como o Grupo Latono do PSdeG é convertirnos nun nexo entre os movimentos sociais de orixe latino e o partido”, apuntou a coordinadora federal de Latinos Socialistas.

Soledad Lucero será a coordinadora do grupo latino dos socialistas galegos e o traballo chegará aos niveis provinciais e locais do partido, co obxectivo de que “todos os cidadáns latinos atopen aquí unha representación”, engadiu Puentes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar