Os socialistas denuncian as consecuencias sobre os casos de violencia de xénero do fin da universalidade na atención sanitaria

Os socialistas denuncian as consecuencias sobre os casos de violencia de xénero do fin da universalidade na atención sanitaria

Os socialistas denuncian as consecuencias sobre os casos de violencia de xénero do fin da universalidade na atención sanitaria

“O terrorismo machista continúa e as vítimas teñen menos protección”, asegura Carmen Acuña

A deputada socialista pídelle á Consellería de Sanidade unha valoración sobre o indulto concedido por Gallardón a un garda civil que gravou unha agresión sexual

A portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Carmen Acuña, advertiu hoxe das consecuencias do decreto do PP que rematou coa universalidade na atención sanitaria nos casos de violencia de xénero.

“Cada dia morren máis mulleres a causa do terrorismo machista e hai terror nas mulleres maltratadas sen papeis polo fin da universalidade, e moito máis se falamos de mulleres prostituidas”, manifestou Acuña na Comisión de Igualdade do Parlamento. A xerente do Sergas, Nieves Domínguez, non concretou na súa resposta as posibles repercusións desta situación.

A deputada socialista fixo mención á comisión contra a violencia de xénero creada no ano 2004 no Consello Interterritorial de Sanidade, preguntando “se falouse deste tema ou das consecuencias da reforma da Lei do aborto que pretende levar a cabo o ministro Alberto Ruíz Gallardón”.

Acuña solicitoulle tamén á representante da Consellería de Sanidade unha valoración do indulto concedido polo ministro de Xustiza a un garda civil que gravou unha agresión sexual e non denunciou os feitos, pero non obtivo ningunha explicación por parte de Nieves Domínguez.

Na súa intervención, a portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista lamentou o escaso interese da Xunta do PP polos programas de sensibilización de violencia machista nos profesionais sanitarias, así como a formación en atención psicolóxica, detección da violencia ou entre os profesionais de pediatría.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar