Os socialistas denuncian “as carencias dos novos servizos ferroviarios do eixo atlántico” e o escaso interese da Xunta “na demanda de melloras ao goberno central”

Os socialistas denuncian “as carencias dos novos servizos ferroviarios do eixo atlántico” e o escaso interese da Xunta “na demanda de melloras ao goberno central”

Os socialistas denuncian “as carencias dos novos servizos ferroviarios do eixo atlántico” e o escaso interese da Xunta “na demanda de melloras ao goberno central”

Carmen GallegoA viceportavoz dos socialistas galegos no Parlamento, Carmen Gallego, denuncia “as carencias dos novos servizos ferroviarios do eixo atlántico” e o escaso interese da Xunta “na demanda de melloras ao goberno central”.

Os socialistas galegos rexistraron varias iniciativas na Cámara nas que critican “debilidades que son precisas solucionar para ofertar un servizo de maior calidade”. A resposta da Consellería de Infraestruturas reflicte que non se fixeron as xestións necesarias para mellorar estes problemas.

“Na estación de tren de Urzáiz en Vigo, que xestiona o trafico de trens rápidos, evidénciase unha escaseza de persoal para atención ao público, o que acaba provocando largas colas e, nalgunhas ocasións, que os pasaxeiros suban ao tren sen billete, ante o risco certo de quedarse sen embarcar”, sostén Gallego.

“A consellería admite na súa resposta que só hai dúas persoas na taquilla para atender o incremento de viaxeiros e non di nada en relación a que os trens non están adaptados para cidadáns con mobilidade reducida”, asegura.

“En relación a horarios e frecuencias, resultan insuficientes para desprazamentos laborais ou de estudantado”, afirma a deputada. “Entre Vigo e A Coruña non hai ningún tren ás oito da mañá, nin rápido nin lento, o último tren rápido entre Vigo e A Coruña pola tarde é as sete e media e, en sentido contrario, entre as seis da tarde e as nove da noite non hai ningún tren rápido e de ningún dos dous destinos saen trens despois das nove e nove e media respectivamente”, engade.

Os socialistas lamentan esta situación e urxen á Xunta de Alberto Núñez Feijóo a reclamar ao Ministerio de Fomento “as melloras demandadas”, moi necesarias para os usuarios do servizo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar