Os socialistas denuncian a “inxerencia” do Goberno central nas competencias da Xunta para fixar os tipos na escala autonómica do IRPF

Os socialistas denuncian a “inxerencia” do Goberno central nas competencias da Xunta para fixar os tipos na escala autonómica do IRPF

Os socialistas denuncian a “inxerencia” do Goberno central nas competencias da Xunta para fixar os tipos na escala autonómica do IRPF

“Unha das medidas ‘estrela’ anunciadas por Feijóo para os orzamentos de 2014 foi una rebaixa fiscal, pero hai discrepancias co Executivo de Rajoy”, asegura o deputado Juan Carlos González Santín

O deputado socialista denunciou hoxe no pleno do Parlamento a “inxerencia” do Goberno central nas competencias da Xunta de Galicia para fixar os tipos na escala autonómica do IRPF.

“Unha das medidas estrela anunciadas por Feijóo para os orzamentos da comunidade para o 2014 era a rebaixa do IRPF en 0,5 puntos para as rendas inferiores a 17.707 euros; unha medida moi limitada en relación aos seus efectos reais e que ademais non compensaba a suba que se realizaran noutros gravames (céntimo sanitario, canon de Sogama, diversas taxas, etc...)”, segundo explicou Santín.

“Pero no DOG, o mes de abril, anunciouse a discrepancia con esta medida por parte do Goberno central e a constitución dun grupo de traballo dentro da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado–Comunidade Autónoma de Galicia, cuestión previa -no caso de non resolución do conflito manifestado– á presentación dun recurso ante o Tribunal Constitucional en relación a este tema”, manifestou o deputado socialista.

Santín demandou á conselleira de Facenda, Elena Muñoz, que explicara en que momento está esta disparidade de criterios, pero a representante do Goberno galego limitouse a afirmar que eran cuestións meramente técnicas e que non influían nas decisións da Xunta.

“Ata o de agora non se ofreceu por parte da Xunta de Galicia ningunha información ao respecto do desacordo co Goberno central, en relación co tipo impositivo a aplicar na escala autonómica para determinadas rendas; deducindo que o Executivo que preside Rajoy defende que a nosa comunidade non é competente para a súa modificación”, engadiu Santín.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar