Os socialistas denuncian a infracción por parte da Xunta de Galicia da Lei de Réxime Electoral Xeral que regula a publicidade institucional

Os socialistas denuncian a infracción por parte da Xunta de Galicia da Lei de Réxime Electoral Xeral que regula a publicidade institucional

Os socialistas denuncian a infracción por parte da Xunta de Galicia da Lei de Réxime Electoral Xeral que regula a publicidade institucional

O PSdeG-PSOE vén de presentar ante a Xunta Electoral Central cadansúa denuncia pola utilización partidista por parte do PPdeG do acto de sinatura do acordo entre PEMEX e Barreras e Navantia e a súa divulgación na páxina web da Xunta de Galicia a través de discurso, nota de prensa, foto e vídeo do acto e por difundir unha nota na que desde o PPdeG se ataca ao alcalde de Lugo.

O secretario de Organización, Pablo García lamenta o “desesperado intento de confundir á opinión pública” por parte do PP, en boca do seu coordinador de campaña, secretario xeral da Coruña e presidente da Deputación Provincial, Diego Calvo, con relación a estas denuncias.

Puntualiza que calquera tipo de acordo que supoña postos de traballo beneficia a Galicia e polo tanto sempre contará co respaldo dos socialistas galegos, que “o que rexeitamos é a descarada manipulación do mesmo con fines electorais por parte do candidato do PP”.

Lei Electoral

As denuncias, asinadas polo secretario de Organización do PSdeG-PSOE, evidencian que o PPdeG utilizou a páxina web da Xunta de Galicia como canle e medio de divulgación de información de partido, infrinxindo así a Lei electoral que foi modificada recentemente para garantir que os poderes públicos non incidisen nas campañas electorais.

O PSdeG-PSOE denuncia explicitamente que a sinatura do acordo entre PEMEX e as empresas galegas foi un acto publicitario, no que a administración da Comunidade non era parte nin motivo para presentar esta firma como unha consecuencia das actuacións do goberno autonómico. Estes feitos fan que se presenten a consecución e sinatura dos contratos como un logro do actual goberno e incorren
na prohibición da LOREG.

Os socialistas veñen de constatar que todo o proceso de acordos para a subscrición dos contratos entre PEMEX e as empresas navais Barreras e Navantia foi presentado de forma progresiva e calculada como un logro do presidente da Xunta e candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijoo.

Este feito trae como consecuencia a asistencia de Feijoo a un acto celebrado no Pazo de Raxoi, sede tamén do Goberno da Xunta de Galicia, que é anunciada polos medios de comunicación, pero que en absoluto é indispensable para a subscrición destes acordos. Sen embargo, trala sinatura dos mesmos realiza declaracións convertendo o propio acto en si en acto electoralista.

Web da Xunta

Neste proceso ten unha especial presenza a páxina web da Xunta de Galicia na que se colga unha nota de prensa, ademais do vídeo da intervención, discurso íntegro de Feijoo e fotos do acto de sinatura.

Ademais, o PSdeG presentou unha segunda denuncia na que se fai eco dunha nota difundida na web da Xunta de Galicia acusando ao alcalde de Lugo de “facer campaña electoral desde a casa de todos os veciños de Lugo”. O PP utiliza deste xeito para realizar tal afirmación un soporte público e institucional como é a web oficial do Goberno galego para atacar ao PSdeG.

A normativa vixente establece que durante o período electoral os poderes públicos non poderán realizar ningunha campaña institucional que atenten contra os principios de obxectividade e transparencia do proceso electoral e de igualdade entre os actores electorais, principios que deben ser efectivamente garantidos pola Administración electoral. Engade ademais que se prohiben calquera acto organizado ou financiado, directa ou indirectamente polos poderes públicos que conteñan alusións ás realizacións ou aos logros obtidos.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Setembro 25, 2012 a 18:11

    El PSdeG ha denunciado ante la Xunta Electoral de Galicia el anuncio realizado por el Gobierno autonómico de los contratos de los flotales con la petrolera Pemex. Los socialistas habrían observado en el acto de firma de los contratos, celebrado el 19 de septiembre, una presunta vulneración de la Ley Orgánica del Régimen Electoral General: “La organización por parte de la Xunta del citado acto es una clara infracción del artículo 50.2 de la LOREG, se ha organizado un acto publicitario, una campaña de logros prohibida por la normativa electoral”.

Deixar a resposta

Pechar