Os socialistas denuncian “a falta de respecto e as mentiras” de Feijóo nas actuacións da Xunta en política social, “presentando datos falsos no Parlamento”

Os socialistas denuncian “a falta de respecto e as mentiras” de Feijóo nas actuacións da Xunta en política social, “presentando datos falsos no Parlamento”

Os socialistas denuncian “a falta de respecto e as mentiras” de Feijóo nas actuacións da Xunta en política social, “presentando datos falsos no Parlamento”

Carmen GallegoOs socialistas galegos denunciaron hoxe que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “falta ao respecto de forma constante a este Parlamento” e, como pasa nos casos de corrupción, “minte e presenta datos falsos” na Cámara cando explica a súa política social.
A viceportavoz dos socialistas galegos, Carmen Gallego, manifestou hoxe en rolda de prensa que “as mentiras de Feijóo trasládanse a política social”. “Non quere comparecer, nin que se investiguen as informacións con respecto ao sumario da operación Zeta que falan dun presunto financiamento ilegal do PP, nin a súa relación co conseguidor da trama, pero lamentablemente a estratexia é igual noutros ámbitos”, afirmou.
“No último Debate do Estado da Autonomía, Feijóo trasladou un listado á presidenta do Parlamento coas escolas infantís, centros de día e residencias abertas desde 2009, dous folios sen membrete cunha relación de concellos e, á marxe de mentir, parécenos en primeiro lugar un insulto entregar unha documentación desta forma”, manifestou a deputada socialista (adxúntase este documento en PDF).
“Das 58 escolas infantís que figuran nese listado, como moito oito son da autoría do goberno de Feijóo; é unha realidade que podedes comprobar coa documentación que vos entregamos, puidemos contrastar os datos do Partido Popular coa realidade a pesar de que borraron todos os arquivos do Goberno de Touriño da web da Xunta”, aseverou a viceportavoz do grupo de PSdeG.
“É unha estratexia política repugnante, non queren dar explicacións e cando a dan fan o mesmo que nos casos de corrupción, minten e faltan á verdade en vez de recoñecer que a súa aposta pola política social pasa por favorecer á iniciativa privada en detrimento do público”, engadiu Gallego, lembrando os casos tamén denunciados polos socialistas da residencia San Francisco de Vigo ou O Cornuval no Carballiño.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar