Os socialistas denuncian a "desidia e a incompetencia" da Xunta en política industrial, "inexistente e sin propostas para saír da crise"

Os socialistas denuncian a "desidia e a incompetencia" da Xunta en política industrial, "inexistente e sin propostas para saír da crise"

Os socialistas denuncian a "desidia e a incompetencia" da Xunta en política industrial, "inexistente e sin propostas para saír da crise"

Os socialistas denunciaron no Parlamento “a desidia e a incompetencia” da Xunta en política industrial e enerxética. “A estratexia é inexistente e o Goberno galego é incapaz de presentar propostas para crear emprego de calidade e saír da crise”, asegura o portavoz de Industria do PSdeG, Abel Losada.

O deputado socialista lembrou que no último Congreso, o PSOE creou o Consello para a Transición Industrial e Enerxética, presidido polo presidente de Asturias, Javier Fernández, “o que reflicte a nosa preocupación por un sector que acumula en Galicia unha caída no emprego do 27% durante os cinco anos da Xunta de Núñez Feijóo”.

Losada afirmou que a produción industrial galega caeu un 3,6% no que vai de ano 2014, fronte ao aumento do 1,9% de media no conxunto de España. “Todos os axentes económicos reclaman que a Xunta concrete axudas económicas á industria, pero lamentablemente o Goberno galego mostra unha absoluta incapacidade para articular propostas coherentes”, manifestou.

Os socialistas demandan con varias iniciativas na Cámara a participación activa de Galicia no deseño e aplicación da Axenda para o fortalecemento do sector industrial do Goberno de España, así como unha estratexia en I+D, financiamento de novos proxectos empresariais e internacionalización.

“O Igape ten que recuperar un papel máis activo para incrementar os créditos empresariais, este ano estarán dispoñibles 500 millóns de euros do BEI e temos que dar pasos para frear a caída dos salarios e das condicións laborais dos traballadores”, dixo o portavoz de Industria do PSdeG.

Enerxía
Na rolda de prensa, Abel Losada lamentou por outra parte “o parón en política enerxética, como vemos nas renovables”. O deputado socialista asegurou que a empresa italiana Enel, propietaria de Endesa e que explota a Central Térmica de As Pontes, “anunciou o pasado día 1 de agosto a súa intención de segregar o mercado latinoamericano do grupo, cun maior potencial de crecemento que o español, a través de Enersis”.

Por este motivo, Losada esixiulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao conselleiro de Industria, Francisco Conde, “que reclamen unha compensación para o negocio español de Endesa por esta operación e defendan a estrutura produtiva da empresa na nosa comunidade autónoma, xa que ten aquí un dos seus activos máis importantes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar