Os socialistas denuncian a “deriva autoritaria e nula vocación de diálogo” de Feijóo ao rexeitar o debate sobre a reforma do Parlamento

Os socialistas denuncian a “deriva autoritaria e nula vocación de diálogo” de Feijóo ao rexeitar o debate sobre a reforma do Parlamento

Os socialistas denuncian a “deriva autoritaria e nula vocación de diálogo” de Feijóo ao rexeitar o debate sobre a reforma do Parlamento

José Luis Méndez Romeu censura o rexeitamento das solicitudes de comparecencia de Feijóo e da conselleira de Sanidade para falar de desemprego e as prácticas de nepotismo no departamento

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe a “deriva autoritaria e nula vocación de diálogo” demostradas por Feijóo ao rexeitar o debate sobre a reforma do Parlamento. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces na que o PP rexeitou as solicitudes de comparecencia de Feijóo e da conselleira de Sanidade formuladas polos socialistas galegos.

O responsable socialista acusou ao PP de encetar un “ataque contra a democracia” demostrando un “crecente desprezo ao Parlamento” ao rexeitar tanto a proposta socialista de constituír unha Comisión de estudo da reforma da Cámara como as aportacións presentadas onte polos socialistas galegos. Advirte que o PP está a afogar “calquera posibilidade de diálogo” coa oposición en calquera eido.

Así, explicou que Feijóo rexeita de plano a iniciativa socialista dirixida a impulsar a igualdade constituíndo listas electorais alternando xéneros –coñecidas como listas cremalleira-, impide a transparencia ao rexeitar que os debates electorais sexan obrigatorios, renuncia a incrementar a participación da cidadanía ou “mesmo a necesidade de abordar un pacto contra a corrupción”.

O veto imposto polo PP, dixo, impide que a oposición inclúa ningunha das solicitudes de comparecencia presentadas polos socialistas galegos para o próximo Pleno, como eran a de Feijóo para dar conta das políticas activas de emprego ou da conselleira de Sanidade para dar conta da súa xestión á fronte do departamento, coa imposición do mapa sanitario e o caso de nepotismo condenado polo TSXG como telón de fondo.

Sanidade

Méndez Romeu explicou que os socialistas centrarán na situación da sanidade pública a meirande parte das iniciativas do próximo Pleno, a través de dúas proposicións non de Lei para reclamar a retirada da Lei contra o aborto, que “atenta contra as liberdades das mulleres”, e do Mapa Sanitario, que converte en “papel mollado” a Lei de Garantías Sanitarias prexudicando aos doentes do sur de Galicia.

A sesión de control ao Parlamento incluirá unha pregunta oral sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “diante dun claro caso de nepotismo” na Consellería de Sanidade. Finalmente, a sesión de control ao presidente da Xunta centrarase no funcionamento dos servizos públicos de Galicia.

Os socialistas galegos incluirán ademais unha moción na que reclamarán a paralización do canon de Sogama, ou unha interpelación sobre o incumprimento da Lei de Dependencia por parte da Xunta.

Tamén presentarán unha interpelación sobre o baixo nivel de execución dos fondos comunitarios, que en outubro do ano pasado era de só o 26 por cento do asignado a todo o ano, o que supón que quedaban sen executar 437 millóns de euros. Tamén será presentada unha pregunta sobre a parálise do Plan de Cooperación por parte da Xunta.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar