Os socialistas denuncian a colaboración de Feijóo para desmantelar os servizos sociais e baleirar de competencias aos concellos

Os socialistas denuncian a colaboración de Feijóo para desmantelar os servizos sociais e baleirar de competencias aos concellos

Os socialistas denuncian a colaboración de Feijóo para desmantelar os servizos sociais e baleirar de competencias aos concellos

Carmen Gallego ve á Xunta “sometida a Rajoy” a costa de contradicirse declarándose en contra da reforma da administración local mentres presentan leis que a xustifican, avalan e amparan

Sinala que Galicia demostrouse onte preocupada polo futuro dunha sanidade “que xa non é universal grazas ao PP”

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou a “colaboración necesaria” de Feijóo apoiando a reforma da administración local de Rajoy para “desmantelar os servizos sociais e baleirar de competencias aos concellos” deixando “desatendidos” aos galegos e galegas. Dixo que a Xunta está “sometida” a Rajoy e apoia con entusiasmo os ataques contra o Estado do Benestar.

Lembrou a concentración en contra da norma que se celebrará mañá xoves a mediodía en tódolos concellos de Galicia en contra dunha reforma que “acaba literalmente cos servizos sociais como se coñecían ata agora”. Sinalou que a norma “non se fai para aforrar, senón para desmantelar o Estado do Benestar”, mentres Feijóo e o seu goberno revélanse como “colaboradores necesarios no desmantelamento das prestacións sociais dos concellos”.

A responsable socialista recomendoulle ao presidente galego que “traballe para parar esta reforma en lugar de reunirse cos seus para falar de como recortar a democracia”, en alusión á xuntanza da fin de semana para presentar o recorte de deputados. Así, lamentou que Feijóo prefira empeorar a calidade da democracia en lugar de recoller o apoio dos socialistas galegos e de todo o municipalismo para frear a reforma de Rajoy.

Gallego dixo que Feijóo “non se atreve a ir a Madrid a defender aos galegos e galegas” fronte a esta normativa que atenta contra os concellos “aínda a costa de caer en graves contradicións”. Así, advertiu que mentres se declaran en contra da normativa do goberno central, en Galicia presentan as leis de Inclusión Social e de Racionalización da Administración que “a xustifican, avalan e amparan”.

Explicou que a Lei de Inclusión Social deixa aos concellos como meros receptores de solicitudes e avaliadores das situacións de exclusión social, mentres a Lei de Racionalización da Administración obriga aos concellos a obter unha autorización da Xunta para contar cunha escola infantil, cento de día, residencia de maiores, oficinas de inmigración ou de inclusión.

Carmen Gallego criticou que o goberno galego está a demostrar que pon a rendibilidade económica “por riba das necesidades das persoas”. Advertiu ademais que malia que a Fegamp se opuxo publicamente á reforma, co suposto apoio de Feijóo, a realidade é que o seu conselleiro de Presidencia foi na pasada semana ao Senado a apoiar a reforma e demostrar o “sometemento” da Xunta a Madrid.

Desmantelamento

Carmen Gallego sinalou que “por moitas declaracións que faga, a realidade é que Feijóo e Rajoy son as dúas caras da mesma moeda, os autores do desmantelamento os servizos sociais”. Subliñou que son “os que recortaron o Plan Concertado, a teleasistencia, que suprimen o 065, que introducen repagos e que abren a porta ás empresas privadas mentres deixan abandonados a dependentes e persoas con discapacidade”.

Dixo que “non se trata de escaseza de recursos económicos, é unha decisión ideolóxica perfectamente planificada para entregar o que eles consideran como un atractivo nicho de mercado para os seus amigos das empresas privadas, deixando sen dereitos a quen non poida pagar polo servizo”.

Folga de sanidade

A responsable socialista salientou ademais o seguimento “masivo” das concentracións de onte en contra dos recortes na sanidade pública, que “demostran que Galicia está preocupada polo futuro da sanidade, que xa non é universal grazas a Feijóo e ao PP”. Advertiu que a cidadanía está “preocupada pola sanidade e non confía en Feijóo para defender unha sanidade pública, universal e de calidade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar