Os socialistas demandarán por vía urxente o apoio do Parlamento ao subsidio para desempregados con responsabilidades familiares

Os socialistas demandarán por vía urxente o apoio do Parlamento ao subsidio para desempregados con responsabilidades familiares

Os socialistas demandarán por vía urxente o apoio do Parlamento ao subsidio para desempregados con responsabilidades familiares

ParadosOs socialistas galegos presentaron no Parlamento unha proposición non de lei para a súa tramitación urxente co obxectivo de pedir no pleno o apoio da Cámara ao subsidio para desempregados de longa duración con responsabilidades familiares.

Segundo explica o grupo do PSdeG no texto da proposición, “a urxencia vén motivada pola posta canto antes en vigor das medidas demandadas, co obxecto de paliar coa máxima dilixencia posible a desprotección que están a padecer moitas familias galegas e contribuír á desaparición dunha grave inxustiza social”. É unha demanda que coincide coa feita pública polo novo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez.

A longa duración da crise, xunto a un sistema de cobertura por desemprego non previsto para ciclos desta duración, fai que a protección das persoas desempregadas e das súas familias día a día váiase esgotando. Segundo a Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre de 2014, hai en Galicia case 190.000 persoas desempregadas que carecen de calquera tipo de protección.

Esta situación supón unha grave inxustiza social, máis aínda cando sabemos que moitas delas son persoas en desemprego de longa duración con responsabilidades e sen ningún tipo de ingreso económico. Segundo a EPA mencionada, en Galicia existen 93.700 familias que teñen a todos os seus membros no paro e carecen de todo tipo de ingresos.

Agora ben, ademais destas persoas, tamén hai outros colectivos especialmente vulnerables que sofren a desprotección e teñen serias dificultades para encontrar emprego. Son as mulleres vítimas de violencia, as persoas con minusvalías e as persoas maiores de 45 anos que, unha vez que esgotaron a Renda Activa de Inserción, non teñen acceso a ningunha prestación.

O subsidio concederase por un período inicial de seis meses, prorrogables de forma sucesiva mentres a persoa desempregada continúe en situación legal de desemprego. Este mecanismo de protección manterase ata que a taxa de paro baixe do 15%.

Na proposición, os socialistas queren ademais que o Parlamento inste á Xunta a que demande ao Goberno que financie a contratación de técnicos e técnicas de emprego polos Servizos Públicos de Emprego, co fin de reforzar a atención individualizada, e así facilitar a incorporación ao emprego das persoas en desemprego de longa duración dadas as súas dificultades de inserción.

Estas medidas debe adaptalas o Goberno de forma inmediata e co carácter máis inmediato posible, “pois neste caso é indiscutible a situación de urxente necesidade que sofren as persoas en desemprego con responsabilidades familiares”, engaden os socialistas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar